Ir o contido principal
STG

#AltiaTechDay - RAG: Como a IA atopa, recupera e xera coñecemento

09.04.2026 | 12.30h-14.00h

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula IA-01, edificio Emprendia

Relatores: Nerea Freiría e Pablo Méndez (Altia)

RAG: Como a IA atopa, recupera e xera coñecemento
RAG: Como a IA atopa, recupera e xera coñecemento

Sabías que a IA pode buscar información en tempo real antes de responder?

Nesta charla exploraremos a evolución dos chatbots, desde os primeiros modelos que só responden con información predefinida ata os máis avanzados con RAG, capaces de recuperar e procesar información dinámica. Analizaremos os fundamentos e tecnoloxías que fan posible este avance e as súas aplicacións en distintos sectores, como saúde, investigación e servizo ao cliente.

Aberto a tódalas titulacións da ETSE

Inscrición: correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es)

Criterio de selección: orde de inscrición.
Prazas: 75

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.02.2026.