Ir o contido principal
STG

Aplicacións industriais con válvulas de control

16.03.2026-27.03.2026 | 11.00h-14.00h

Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Isabel Vidal (isabel.vidal@usc.es)

Ponente: Antonio Campo Lopez (Experto en aplicación de Válvulas de Control)

Aplicacións industriais con válvulas de control
Aplicacións industriais con válvulas de control

Este curso ofrece unha formación práctica e aplicada sobre os elementos de control e as válvulas de control empregadas en procesos industriais. Preséntanse os principios básicos de funcionamento das válvulas e o seu papel dentro dos sistemas de control de procesos.

Abórdanse os criterios fundamentais para a correcta selección e localización das válvulas de control nas distintas aplicacións industriais, tendo en conta as condicións reais de operación, como caudais, presións e rangos de funcionamento. Analízanse, así mesmo, boas prácticas para a súa instalación e integración no proceso.

O curso presta especial atención á influencia das características dos fluídos de proceso —como a viscosidade, densidade, corrosividade ou presenza de sólidos— na elección do tipo de válvula máis axeitado. Finalmente, trátase a especificación técnica das válvulas de control, tanto na fase preliminar como na especificación final, co obxectivo de garantir un funcionamento seguro, eficiente e acorde cos requirimentos técnicos e operativos do proceso industrial.

 

Nº horas: 6 h              

Datas, horario e lugares: 

  • Luns 16/03 de 11:00 a 13:00 telemático

  • Xoves 26/03 de 18:15 a 20:15 presencial (aula A6)

  • Venres 27/03 de 12:00 a 14:00 presencial (aula de proxectos)

 

Procedemento de inscrición en 2 pasos: Inscrición utilizando o código QR ao final desta páxina + correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP14_25 antes do venres 13 marzo ás 20 horas.

Curso gratuíto para socios de ISA e cun custo de 35 € para os non socios (o pago do curso permite optar a un ano de membresía en ISA sen custo adicional)

 

Titulacións: Todo o estudantado da ETSE.

Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase a asistencia (50%) e a adquisición de coñecementos mediante a entrega á finalización da sesión das notas manuscritas tomadas durante o transcurso da actividade (50%). Unha vez avaliadas, as notas manuscritas serán devoltas ao estudantado que así o solicite.

 

 

Código QR para a inscrición nesta actividade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2026.