Ir o contido principal
STG

Ciberseguridade Industrial: protexe os teus activos de ataques cibernéticos

12.03.2026 | 12.15h-14.00h

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula A4

Isabel Vidal (isabel.vidal@usc.es)

Ponente: Óscar Brea (Responsable de ventas de Siemens Digital Industries)

Ciberseguridade Industrial: protexe os teus activos de ataques cibernéticos
Ciberseguridade Industrial: protexe os teus activos de ataques cibernéticos

Este curso ofrece unha visión clara e aplicada da ciberseguridade en contornas industriais (OT), destacando a súa importancia crecente nun contexto de dixitalización e interconexión dos sistemas de control. Analízanse os riscos específicos aos que están expostos os activos industriais e as posibles consecuencias de incidentes de ciberseguridade sobre a seguridade, a continuidade operativa e a produción.

Abórdase o cambio de paradigma que introducen as novas normativas europeas, como a directiva NIS 2, e o seu impacto nas organizacións industriais, tanto a nivel técnico como organizativo. O curso proporciona criterios e orientacións prácticas sobre como proceder para protexer os activos industriais, abordando aspectos como a xestión de riscos, a segmentación de redes, as boas prácticas operativas e a adopción de medidas técnicas e organizativas que contribúan a mellorar a resiliencia fronte a ataques cibernéticos.

 

Procedemento de inscrición en 2 pasos: Inscrición utilizando o código QR ao final desta páxina + correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP13_25 antes do venres 6 marzo ás 20 horas.

Curso gratuíto para socios de ISA e cun custo de 10 € para os non socios (a non ser que se matriculen no curso AP14_25 APLICACIÓNS INDUSTRIAIS CON VÁLVULAS DE CONTROL que terá lugar tamén en marzo)

 

Titulacións: Todo o estudantado da ETSE.

Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase a asistencia (50%) e a adquisición de coñecementos mediante a entrega á finalización da sesión das notas manuscritas tomadas durante o transcurso da actividade (50%). Unha vez avaliadas, as notas manuscritas serán devoltas ao estudantado que así o solicite.

 

 

Código QR para inscribirse nesta actividade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2026.