Nesta visita ao Centro de Computación de Galicia (CESGA) teremos a oportunidade de coñecer as infraestruturas para computación de altas prestacións (HPC), como o supercomputador Finisterrae III, e os servidores para Cloud computing e BigData. Tamén poderemos coñecer o Qmio, o novo computador cuántico do CESGA.
Sabías que GPT-3 175B necesita 700GB de memoria RAM para almacenar todos os parámetros do modelo?, e iso que son de 16 bits!
Nº de Horas: 2 horas.
Datas e horario: Xoves, 26 de marzo de 12:30 a 14:30.
Titulacións: Calquera titulación da ETSE.
Criterios de selección: A selección será por orde de inscrición, priorizándose ao alumnado de 2º curso do GrIA.
Custe estimado: Non se solicita financiamento adicional. Medios necesarios: Ningún.
Nº Máximo de alumnos/as: 50
Inscripción: ata o venres 13 de marzo en https://forms.office.com/e/t1LvkJ3eMw
Mais detalle no seguinte enlace.