Ir o contido principal
STG

Obradoiro 'Introdución á análise forense en dispositivos móbiles'

11.03.2026 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
IA S1, Edificio Emprendia

O obradoiro forma parte da Aula Profesional ETSE
O obradoiro forma parte da Aula Profesional ETSE

O profesor de Análise Forense Informática en Cursos de Especialización de FP e mestrados universitarios de Ciberseguridade Rafael López García ofrece o 11 de marzo o obradoiro 'Introdución á análise forense en dispositivos móbiles', no que empregará técnicas e ferramentas de análise forense de dispositivos móbiles para resolver un caso ficticio de recalificación ilegal de terreos e suborno entre empresarios e políticos. Quen desexe participar, debe inscribirse previamente no seguinte formulario

A actividade comezará utilizando a ferramenta Cellebrite Reader para realizar unha análise preliminar dos tres dispositivos móbiles incautados: dous Android pertencentes a dous políticos e un iPhone dun empresario da construción, que ademais é presidente dun equipo de fútbol local. A continuación, botará man doutras ferramentas para analizar as xeolocalizacións das tres persoas implicadas, co obxectivo de determinar os seus encontros. Finalmente, utilizaranse as ferramentas Apktool e Bytecode Viewer para descompilar e analizar un malware para Android localizado nun dos tres dispositivos.

As personas participantes no seminario, que forma parte da Aula Profesional ETSE, deberán acudir cun portátil con SO Windows 10 ou superior, con polo menos 8GB de RAM e 75 GB de espazo libre en disco (pode ser mediante máquina virtual de VirtualBox ou Vmware), con máquina virtual Java instalada, así como as ferramentas ApkTool e Bytecode Viewer instaladas.

 

 

Introdución á análise forense en dispositivos móbiles
Introdución á análise forense en dispositivos móbiles
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.03.2026.