MATICA: Campamento Tecnolóxico para rapazas

Os días 28, 29 e 30 de Xuño celebrarase na ETSE o Campamento Mática, que está orientado a rapazas de ESO ou Bacharelato.
As actividades do campamento estarán dirixidas por profesoras, investigadoras ou estudantes de últimos cursos do Grao en Enxeñaría Informática da USC. Estas actividades incluirán talleres de iniciación ao pensamento computacional e programación, robótica, intelixencia artificial, así como charlas con profesionais de recoñecido prestixio.
O campamento é gratuito e todas as actividades estarán adaptadas á idade das participantes, que serán divididas en grupos.
O programa Mática está impulsado polo CPEIG e a AMTEGA e ten o obxectivo de crear unha rede entre todas as rapazas con intereses nas TIC como creadoras e desenvolvedoras de tecnoloxía e impulsoras de aplicacións na sociedade.
Para solicitar praza no citado campamento as interesadas deben seguir a seguinte ligazón.