Ir o contido principal
STG
  • USC

Preestreo da película documental "Vidas irrenovables"

Preestreo da película documental "Vidas irrenovables", 31 de outubro, 11.00 horas, Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
Película documental "Vidas irrenovables"
Presentación da película polo seu director Francisco J. Vaquero

O vindeiro 31 de outubro, ás 11.00 horas, na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría proxectarase como preestrea en Lugo o documental “Vidas irrenovables, naturaleza o miseria”.  Pasarana nos cinemas a partir do 17 de xaneiro, que se estrea en Madrid.

Contarase coa presenza do seu director, o extremeño Francisco J. Vaquero, o cal, cun anterior documental (“Ganado o Desierto”), conseguiu 7 nominacións aos Goya, o “Sol de Oro” no SUNCINE e máis de 20 seleccións en festivais por todo o mundo.

"Vidas lrrenovables" é unha película documental de 90 minutos de duración que nos fai reflexionar sobre se de verdade a transición ecolóxica (transición enerxética) que se está producindo en España é ecolóxica de verdade tal e como din as adminitracións públicas e os cinco principais grupos ecoloxistas do noso país.

Desde as institucións e principais medios de comunicación transmítesenos a idea do ben que se está facendo esta transición en España e do necesaria que son estas fontes de enerxías renovables. Necesarias son, pero ben non se está facendo e o peor de todo é que se podería ter feito ben, pero por algún motivo non se quere, tal e como se mostra na película. 

Algo que era unha oportunidade para a sociedade en xeral e para o mundo rural en particular, estase convertendo na maior ameaza que tiveron os nosos ecosistemas, o noso sector primario, as nosas vilas e en definitiva a sociedad española en xeral. 

A película pretende sensibilizar e concienciar as persoas que viven na contorna urbana para que apoien as que desde as pequenas vilas están loitando contra este colonialismo enerxético que está destrozando o noso país. 

A película mostra en todo momento a súa posición a favor destas enerxías, pero cunha correcta planificación. Non se pode salvar a natureza, destrozando a natureza. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2024.