Ir o contido principal
STG
  • USC

XXXV Xornadas Luis Asorey

XXXV Xornadas Luis Asorey, do 18 ao 27 de novembro, de 19.00 a 21.00 horas, Salón de Actos da Deputación de Lugo
XXXV Xornadas Luis Asorey
Alimentación, Medio Ambiente e Saúde

A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, celebran as “XXXV Xornadas Luis Asorey”, centradas nesta edición na importancia da alimentación, o medio ambiente e a saúde. 

Desenvolveranse do 18 ao 27 de novembro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19.00 a 21.00 horas. 

Solicitouse a homologación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional como actividade de formación permanente do profesorado.

Inscrición gratuíta na seguinte ligazón: https://forms.gle/rh7xero5GFyBJDsY9 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2024.