Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
* Adquisición dun repertorio de coñecementos e información sobre os principais procesos implicados na xestión do comportamento organizacional.
* Adquisición dunha progresiva toma de conciencia da importancia do factor humano na organización.
* Adquisición dunha serie de coñecementos introductorios sobre os métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de intervención sobre o comportamento humán nas organizacións.
* Adquisición de hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación dos problemas sobre os que terá que intervir para contribuir á súa solución.
1. A Comunicación eficaz nas relacións interpersoais e nas organizacións.
* Funcións da comunicación.
* A comunicación interpersoal nas organizacións.
* A comunicación organizacional formal: Os fluxos de comunicación interna na organización.
* A comunicación organizacional informal.
* Redes organizacionais de comunicación.
2. A Motivación laboral.
* A motivación no contexto organizacional: Concepto.
* Teorías de Contido da Motivación.
* Teorías de Proceso da Motivación.
* Aplicación dos principios teóricos á xestión de RR.HH.
3. O proceso de "Toma de decisións".
* Definición, problemas e condicións.
* Modelos normativos da toma de decisións: O Home Económico.
* Modelos descriptivos da toma de decisións: O Home administrativo
4. O Conflicto e a xestión dos conflictos.
* O conflito organizacional: concepto.
* O proceso do conflito.
* Estratexias para a xestión do conflito.
* A negociación.
* A mediación e a arbitraxe.
5. O Liderado e a Dirección de equipos: A formación dun equipo de alto rendimento.
* Liderado organizacional.
* Os equipos de traballo.
* Liderado e participación: Modelo de Vroom e Yetton.
BÁSICA
Domínguez, J.L. y Rodríguez, D. (Comp.)(2013). Lecturas de Psicología del Trabajo y de las Organizaciones. Inglaterra: Pearson Custom Publishing.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA ACCESIBLE DENDE INTERNET
Robbins, S. P. y Judge, T. A. (2009). Comportamiento Organizacional (13ª ed.). México: Pearson.
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA ACCESIBLE DENDE A BUSC EN LÍNEA
Alcover de la Hera, C. M., Moriano, J. A., Osca, A. y Topa, G. (2012). Psicología del trabajo (Ed. digital.). Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia. Accesible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1465.
Gil, F. y Alcover, C. M. (Coords.) (2014). Introducción a la Psicología de las Organizaciones. Madrid: Alianza editorial. Accesible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-670.
Gil-Monte, P. R. (2014). Manual de Psicosociología aplicada al trabajo y a la prevención de los riesgos laborales. Madrid: Pirámide. Accesible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1829.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ARNOLD, J.; RANDALL, R. et al. (2012). Psicología del trabajo: Comportamiento humano en el ámbito laboral (5ª ed.). México: Pearson.
ALBADALEJO, M. (2007). La comunicación más allá de las palabras: Qué comunicamos cuando creemos que no comunicamos. Barcelona: Graó.
BARÓ, T. (2012). La gran guía del lenguaje no verbal. Barcelona: Paidós.
CÁCERES, M.D. (2003). Introducción a la comunicación interpersonal. Madrid: Síntesis.
DAVIS, F. (2004). La comunicación no verbal. Madrid: Alianza.
ESTANQUEIRO, A. (2006). Principios de comunicación interpersonal: Para saber tratar con las personas. Madrid: Narcea
FUENTE ANUNCIBAY, R. de la y DIEGO VALLEJO, R. de (2008). Estrategias de liderazgo y desarrollo de personas en las organizaciones. Madrid: Pirámide.
FURNHAM, A. (2001). Psicología Organizacional. México: Oxford University Press.
HARGIE, O. y DICKSON, D. (2004). Skilled interpersonal communication (4ª ed.). London: Routledge.
HASLAM, S.A., REICHER, S. y PLATOW, M. (2010). The new psychology of leadership. Londres: Psychology Press.
HODGE, B.J.; ANTHONY, W.P. Y GALES, L.M. (2003). Teoría de la organización: Un enfoque estragtégico. Madrid: Pearson.
LUTHANS, F. (2008). Comportamiento Organizacional (11ª ed.). México: McGraw Hill.
MUCHINSKY, P.M . (2004). Psicología Aplicada al Trabajo. Madrid: Paraninfo-Thompson Learning.
NAVARRO, J. (2011). La inteligencia no verbal. Barcelona: Viceversa.
PORRET GELABERT, M. (2012). Gestión de personas: Manual para la gestión del capital humano en las organizaciones (5ª ed.). Madrid: ESIC Editorial.
ROBBINS, S.P. y JUDGE, T.A. (2010). Introducción al Comportamiento Organizativo (10ª ed.). Madrid: Pearson.
ROCA, E. (2007). Cómo mejorar tus habilidades sociales: programa de asertividad, autoestima e inteligencia emocional. Valencia: ACDE.
RODRÍGUEZ PORRAS, J.M. (2005). El factor humano en la empresa. Barcelona: Deusto.
VALLÉS, A. (2003). Curso de habilidades sociales, competencia social y asertividad. Valencia: Promolibro.
VALLS, A. (2010). Las 12 habilidades directivas clave (6ª edición). Barcelona: Gestión 2000.
VAN-Der HOFSTADT, C. y GÓMEZ, J.M. (2006). Competencias y habilidades profesionales para universitarios. Madrid: Díaz de Santos.
WAINWRIGHT, G.R. (2004). El lenguaje del cuerpo. Madrid: Pirámide.
WEST, R. y TURNER, L.H. (2005). Teoría de la comunicación. Analisis y aplicación. Madrid: McGraw-Hill.
WHETTEN, D.A. y CAMERON, K.S. (2011). Desarrollo de habilidades directivas (8ª ed.). México: Pearson.
Competencias Xerais:
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CG4 - Ser capaces de asumir a responsabilidad do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización en un ou máis campos de estudo.
CG11 - Dirixir e organizar empresas, así como sistemas de producción e servizos, aplicando coñecementos e capacidades de organización industrial, estratexia comercial, planificación e loxística, lexislación mercantil e laboral, contabilidade financeira e de custos.
CG12 - Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sostenibilidade, e xestión medioambiental.
Competencias Transversais:
CT1 - Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar. Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
CT3 - Dominio da xestión do tempo e de situacións críticas.
CT5 - Habilidade para as relacións interpersonais.
CT6 - Compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible.
A docencia da materia desenvolverase a través de diversos tipos de metodologías docentes. (1) Clases expositivas, (2) Clases interactivas, (3) Seminarios e/ou conferencias e mesas redondas e, (4) Titorías de grupo.
As clases expositivas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos aos tópicos incluídos no programa (CB8, CB9, CG11, CT6). As clases interactivas serán de dous tipos: (1) As de carácter "expresivo", orientadas a experimentar e demostrar empíricamente algúns dos procesos ou efectos explicados (CB9, CG12); e, (2) as de carácter "instrumental", que teñen por obxeto dotar aos estudantes (a un nivel elemental) das competencias de consultoría necesarias para aplicar, en situacións reais, as habilidades tratadas a nivel teórico (CT1, CT3, CT5). Os seminarios teñen a finalidade de profundizar nalgún dos temas do programa mediante un tratamento mais especializado dos mesmos (CB9, CT5). As conferencias e mesas redondas buscan achegar ao estudante á realidade da profesión (CG4, CG11, CG12). Os informes de prácticas que os estudantes teñen que presentar ao longo do semestre, ademais de utilizarse como criterio de avaliación da aprendizaxe de contidos e destrezas instrumentais, permitirannos obter información sobre a adquisición de habilidades de comunicación verbal (oral e escrita) e non verbal (CB9, CG4, CT1, CT3, CT5, CT6).
As actividades de avaliación continua, xunto coas titorías de grupo, permitirán a retroalimentación do progreso do estudante ao longo do semestre. A avaliación final valorará o nivel de coñecementos adquirido respecto dos contidos do programa da materia.
Ademais, o/a alumno/a terá a súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.
A avaliación de competencias relacionadas coa adquisición dos coñecementos teóricos presentados nas sesións presenciais (expositivas e interactivas) da materia, realizarase mediante un exame final escrito (tipo "test"), que deberán realizar todos os estudantes matriculados na mesma.
A avaliación da adquisición de habilidades e actitudes realizarase de modo continuo, en función da participación e do desempeño dos alumnos/as nas tarefas programadas ao longo do semestre (seminarios, estudos de caso, simulacións, etc), tal e como éstas queden reflectidas nos informes de prácticas, e nos demáis elementos utilizados no devandito proceso de avaliación contínua.
A calificación final do estudante na materia na convocatoria de xuño (máximo de 10,0) resultará do sumatorio das calificacións obtidas durante a avalaiación contínua (informes de prácticas, gravacións en vídeo, asistencia e participación nas clases e seminarios, etc.) e no exame final, de acordo coa siguiente táboa de valores:
* Avaliación contínua: 4,0 puntos (CB8, CB9, CG4, CG11, CT1, CT3, CT5, CT6).
* Titorías: 1,0 punto (CB8, CG4, CG12, CT3, CT5, CT6)
* Exame Final: 5,0 puntos (CB8, CB9, CG11, CG12, CT1, CT3, CT5).
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade serán as mesmas que as fixadas para a primeira oportunidade.
Tendo en consideración que as actividades de avaliación continua se fan en grupo, non é posible repetir na segunda oportunidade ditas actividades de avaliación continua, no caso de que non se houberan superado na primeira.
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade e para alumnas/os repetidores serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da primeira oportunidade. No caso das/dos repetidoras/es, a puntuación obtida na avaliación continua gardarase durante outro curso académico máis.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Actividades presenciais:
* Sesións expositivas (13,5h).
* Seminarios especializados (4h).
* Clases prácticas (14h).
* Titorías (4,5h).
* Avaliación (Exame Final) (2h).
Total de horas de actividades presenciais: 38 horas.
Traballo persoal do estudante:
* Lectura e preparación do material de apoio ás clases expositivas (10h).
* Lectura previa, análise e discusión (grupal) de material de apoio ás clases interactivas. Elaboración dos informes de prácticas (36h).
* Preparación das titorías (8h).
* Avaliación (Preparación do Exame Final) (20,5h).
Total de horas de traballo persoal do estudiante: 74,5 horas
A asistencia ás clases presenciais facilita a comprensión e asimilación dos contidos da materia; aportando tamén unha grande cantidade de exemplos, referidos a diferentes contextos organizacionais, sobre as aplicacións e implicacións prácticas dos contidos teóricos tratados.
A asistencia ás clases prácticas resulta esencial para, na medida en que o escaso tempo do que se dispón no lo permita, adestrar habilidades básicas e experimentar con algúns dos modelos, técnicas e conceptos necesarios para poder intervir eficazmente no contexto organizacional.
Recoméndase non deixar para última hora a elaboración dos informes correspondentes a cada unha das prácticas ou lecturas realizadas, co obxecto de poder entregalas dentro do prazo fixado (que é inamovible). Se o mencionado traballo non se planifica e executa con tempo suficiente, ao final a carga de tarefas asignadas aos alumnos polas diferentes materias que conforman o semestre pode resultar excesiva.
O/A estudante contará, en todo momento, co apoio e a titorización que necesite, por parte do profesor da materia, para a correcta realización das tarefas que lle sexan encomendadas; tanto en horario de clases como fora delas. Así pois, recoméndase que o/a alumno/a, tanto individualmente como en grupo, utilice de modo frecuente as posibilidades que lle ofrece o horario de atención a estudantes do profesor.
As clases impartiranse en castelán.
O/a alumno/a terá a súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade e para alumnas/os repetidores serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da primeira oportunidade. No caso das/dos repetidoras/es, a puntuación obtida na avaliación continua gardarase durante outro curso académico máis.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Manuel Damaso Rodriguez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813790
- Correo electrónico
- damaso.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| Xoves | ||
| 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| Venres | ||
| 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| 26.02.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| 26.02.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| 04.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
| 04.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO | Castelán |