Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.simulacionnumerica [at] usc.es

Na actualidade, coa rápida evolución da enxeñaría e as ciencias aplicadas, ponse de manifesto a necesidade de formar especialistas no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, de maneira que, neses ámbitos se impulse desde a Universidade a transferencia do coñecemento e a incorporación de doutores aos departamentos de I+D+i, cunha formación encamiñada a optimizar procesos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar novas tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación medioambiental, etc.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600847
Número prazas: 9

Coordinador-a do título:
Peregrina Quintela Estevez
peregrina.quintela [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
25/09/2013

Códigos ISCED:
(520) Ingeniería y profesiones afines
(461) Matemáticas
(0719) Ingeniería y profesiones afines (otros estudios)

O programa de doutoramento que se expón encaixa nos plans estratéxicos vixentes das tres universidades. Aprovéitase a oportunidade exposta polo cambio da normativa reguladora dos programas de doutoramento para axustar esta oferta ás liñas de investigación activas nas universidades, mantense a colaboración con outras universidades, tanto do SUG como doutras universidades nacionais e internacionais, e institucións de investigación na procura dunha optimización dos recursos dispoñibles, así como para reforzar áreas estratéxicas das universidades participantes. Ao mesmo tempo buscouse unha maior integración coas actuais titulacións de grao e máster.
O PDM2SNICA conforma unha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. O programa aproveita as oportunidades que brinda a calidade da investigación realizada polo seu profesorado, promovendo un forte vínculo entre docencia e investigación, ao mesmo tempo que pretende reforzar o prestixio da traxectoria investigadora das universidades participantes. Ademais, busca a incorporación de persoas doutoras ás empresas co fin de ir máis aló da docencia e da investigación, impulsar a actividade produtiva e adaptarse ás necesidades da sociedade. Por iso, promóvese activamente a realización de tese con mención industrial e/o en temáticas expostas desde o mundo empresarial.
Exponse un programa cun forte vínculo internacional promovendo a colaboración con centros de investigación estranxeiros, as estancias de mobilidade dos doutorandos, e a realización de tese con mención internacional.
Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso destes mediante fórmulas de colaboración internas e externas.

A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa ponse de manifesto na produtividade científica dos grupos de investigación responsables, valorable, por exemplo, en termos de sexenios de investigación, teses dirixidas e publicacións en revistas do JCR. A oferta proposta adecúase á actuación consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora dos grupos que lideran o programa nas tres universidades galegas. Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas.

O programa de doutoramento está aberto a Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes con titulación de Máster ou equivalente de acordo con os requisitos de acceso xerais aos estudos de Doutoramento.
De acordo con o RD 822/2021 polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade, o perfil previo dos estudantes debe encadrarse nas ramas de coñecemento de Enxeñería e Arquitectura ou de Ciencias e dentro dos seguintes ámbitos establecidos no Anexo I de devandito Real Decreto:
– Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñería civil.
– Bioloxía e xenética.
– Bioquímica e biotecnoloxía.
– Ciencias agrarias e tecnoloxía dos alimentos.
– Ciencias biomédicas.
– Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismo.
– Ciencias ambientais e ecoloxía.
– Ciencias da Terra.
– Física e astronomía.
– Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicación.
– Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegación.
– Enxeñería informática e de sistemas.
– Enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio natural.
– Matemáticas e estatística.
– Interdisciplinar.
En todos os casos analizarase se o seu perfil de formación inclúe temáticas relacionadas con ecuacións diferenciais (ordinarias e parciais), técnicas de discretización numérica, modelización matemática, e simulación numérica de procesos industriais, da enxeñería ou das Ciencias Aplicadas.
Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación.
De forma orientadora, uns estudos de máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación será o Máster en Matemática Industrial ofertado pola USC, UDC, UVigo, Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e a Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), ou aquel que o substitúa, ou outro equivalente.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
e) Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

No momento de solicitar a admisión, o candidato debe presentar un anteproxecto de tese avalado por un doutor que cumpra os requisitos para ser director de acordo con a normativa vixente e co regulamento de doutoramento da universidade na que vai realizar a súa matrícula. Con este fin, daranse facilidades aos solicitantes para que se poñan en contacto cos profesores do programa.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que
i) avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que
ii) puidese exercer como persoa directora, en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso, ou como persoa titora da tese se a persoa directora de tese proposta no anteproxecto presentado, non é un profesor do programa e cumpre os requisitos requiridos para ser director.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Curso avanzado de ecuacións en derivadas parciais

  • E4061A01

Curso avanzado de elementos finitos

  • E4061A02

Temas avanzados de matemática aplicada I, II, III e IV

  • E4061A03

Computación paralela

  • E4061A04

Cursos do máster en enxeñaría matemática ou de másters equivalentes

  • E4061A05

Cursos avanzados externos ao programa e recoñecidos pola CAPD

  • E4061A06

Estancias de investigación

  • E4061A07

Asistencia e participación en congresos

  • E4061A08

Elaboración de artigos científicos

  • E4061A09
Profesores Área
Jose Antonio Alvarez Dios
Matemática Aplicada
Patricia Barral Rodiño
Matemática Aplicada
Óscar López Pouso
Matemática Aplicada
Rafael Muñoz Sola
Matemática Aplicada
Maria Luisa Seoane Martinez
Matemática Aplicada
María Del Carmen Muñiz Castiñeira
Matemática Aplicada
Peregrina Quintela Estevez
Matemática Aplicada
Rafael Vazquez Hernandez
Matemática Aplicada
Generosa Fernández Manin
Escola de Doutoramento Internacional
Guillermo García Lomba
Escola de Doutoramento Internacional
Jeronimo Rodriguez Garcia
Matemática Aplicada
José Jesús Cendán Verdes
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Gonzalez Taboada
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Miguel Ernesto Vazquez Mendez
Matemática Aplicada
Maria Elena Vazquez Cendon
Matemática Aplicada
José Ramón Fernández García
Escola de Doutoramento Internacional
Angel Daniel Rodriguez Aros
Escola de Doutoramento Internacional
José Manuel Rodríguez Seijo
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Teresa Cao Rial
Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)
Áurea María Martínez Varela
Escola de Doutoramento Internacional
Lino José Álvarez Vázquez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Francisco Jose Pena Brage
Matemática Aplicada
Maria Dolores Gomez Pedreira
Matemática Aplicada
Duarte Santamarina Rios
Matemática Aplicada
José Luis Ferrín González
Matemática Aplicada
Maria Del Pilar Salgado Rodriguez
Matemática Aplicada
Andres Prieto Aneiros
Escola de Doutoramento Internacional
Jose Antonio Garcia Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional
Carlos Vázquez Cendón
Escola de Doutoramento Internacional
Ana María Ferreiro Ferreiro
Escola de Doutoramento Internacional
Luís María Hervella Nieto
Escola de Doutoramento Internacional
Marta Benitez Garcia
Escola de Doutoramento Internacional
José Durany Castrillo
Escola de Doutoramento Internacional
Iñigo Arregui Alvarez
Escola de Doutoramento Internacional
Elena Beatriz Martin Ortega
Escola de Doutoramento Internacional
Leandro Alejano Monge
Escola de Doutoramento Internacional
Javier Taboada Castro
Escola de Doutoramento Internacional
Alvaro Leitao Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)

Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Consideramos que a oferta formativa que propoñemos aporta á contorna local unha especialización única desde a educación pública.

O programa de doutoramento que se expón encaixa nos plans estratéxicos vixentes das tres universidades. Aprovéitase a oportunidade exposta polo cambio da normativa reguladora dos programas de doutoramento para axustar esta oferta ás liñas de investigación activas nas universidades, mantense a colaboración con outras universidades, tanto do SUG como doutras universidades nacionais e internacionais, e institucións de investigación na procura dunha optimización dos recursos dispoñibles, así como para reforzar áreas estratéxicas das universidades participantes. Ao mesmo tempo buscouse unha maior integración coas actuais titulacións de grao e máster.
O PDM2SNICA conforma unha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. O programa aproveita as oportunidades que brinda a calidade da investigación realizada polo seu profesorado, promovendo un forte vínculo entre docencia e investigación, ao mesmo tempo que pretende reforzar o prestixio da traxectoria investigadora das universidades participantes. Ademais, busca a incorporación de persoas doutoras ás empresas co fin de ir máis aló da docencia e da investigación, impulsar a actividade produtiva e adaptarse ás necesidades da sociedade. Por iso, promóvese activamente a realización de tese con mención industrial e/o en temáticas expostas desde o mundo empresarial.
Exponse un programa cun forte vínculo internacional promovendo a colaboración con centros de investigación estranxeiros, as estancias de mobilidade dos doutorandos, e a realización de tese con mención internacional.
Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso destes mediante fórmulas de colaboración internas e externas.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

• Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar

  • Capacidade de desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica
  • Capacidade de modelar procesos industriais no ámbito da Matemática Aplicada
  • Capacidade de analizar matematicamente os modelos do ámbito da Matemática Aplicada, estudando a existencia, unicidade e propiedades da solución
  • Capacidade de analizar os resultados obtidos mediante simulación numérica e os métodos numéricos empregados, coas ferramentas proporcionadas pola análise numérico
  • Capacidade de resolver numericamente problemas industriais, susceptibles de ser formulados matematicamente, nos ámbitos da enxeñaría, as finanzas, as ciencias da saúde e o medio ambiente
  • Capacidade de seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, linguaxes e ferramentas informáticas, adecuadas para resolver un modelo matemático
  • Capacidade de adaptar, modificar e implementar ferramentas de software de simulación numérica
  • Capacidade de interaccionar cos profesionais da industria para construír solucións innovadoras aos problemas formulados e contribuír á transferencia de devandito coñecemento.

• Capacidade de desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica

• Capacidade de modelar procesos industriais no ámbito da Matemática Aplicada

• Capacidade de analizar matematicamente os modelos do ámbito da Matemática Aplicada

• Capacidade de resolver numericamente problemas aplicados, susceptibles de ser formulados matematicamente, nos ámbitos da enxeñería, as Ciencias Aplicadas e a Industria

• Capacidade de analizar os resultados obtidos mediante simulación numérica e os métodos numéricos empregados, coas ferramentas proporcionadas pola análise numérica

• Capacidade de seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, linguaxes e ferramentas informáticas, adecuadas para resolver un modelo matemático

• Capacidade de adaptar, modificar e implementar ferramentas de software de simulación numérica

• Capacidade de interaccionar cos profesionais da industria, a enxeñería e as Ciencias Aplicadas para construír solucións innovadoras aos problemas formulados e contribuír á transferencia do devandito coñecemento

O Programa de Doutorado Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñería e Ciencias Aplicadas (PDM2SNICA) forma a especialistas no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, cunha formación encamiñada a optimizar procesos e servizos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar novas tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación ambiental etc.
As competencias específicas deste programa fan que os seus egresados sexan profesionais capaces de:
· Desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica.
· Realizar a modelización matemática de procesos / dispositivos procedentes da enxeñería, doutras ciencias, da industria, empresas e institucións.
· Seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, linguaxes e ferramentas informáticas, adecuadas para resolver un modelo matemático.
· Adaptar, modificar e implementar ferramentas de software de simulación numérica. · Resolver numericamente problemas aplicados, susceptibles de ser formulados matematicamente, nos ámbitos da enxeñería, as Ciencias Aplicadas e a Industria. · Analizar os resultados obtidos mediante simulación numérica e os métodos numéricos empregados, coas ferramentas proporcionadas pola análise numérica.
· Interaccionar cos profesionais da industria, a enxeñería e as Ciencias Aplicadas para construír solucións innovadoras aos problemas formulados e contribuír á transferencia do devandito coñecemento.
Ademais, os profesionais egresados do PDM2SNICA teñen capacidades e destrezas moi marcadas dentro do programa, sendo capaces de:
- Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores nos ámbitos da enxeñería, as Ciencias Aplicadas e a Industria.
- Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
- Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
- Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
- A crítica e defensa intelectual de solucións.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

• Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
• Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
• Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
• Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
Formulación Lagrangiana e simulación numérica de modelos multifísicos. Aplicación ao electro-recalcado. 05/03/2026 Ivan Martinez Suarez Alfredo Bermudez De Castro Lopez-Varela
Maria Del Pilar Salgado Rodriguez

Coordinador/a
Peregrina Quintela Estevez

Secretario/a
Rafael Vazquez Hernandez

Vogais
Rafael Muñoz Sola

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

53,33

14,29

27,27

12,5

0,0

10,0

Duración media

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

4,9315

-

-

3,5425

-

4,263

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

-

5,1658

5,1288

5,3479

-

Satisfacción

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,0

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,3

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

2,0

2,0

1,0

3,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

-

100,0

100,0

0,0

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

0,0

0,0

100,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

1,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

1,0

0,0

0,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

1,0

2,0

1,0

2,0

Prórrogas

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

0,0

0,0

100,0

33,33

ID-41
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a primeira prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese cu prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

66,67

ID-42
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a segunda prórroga

Relación porcentual entre o número de estudantes que defenden a tese con dúas prórrogas e o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

33,33

Mencións

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

-

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

-

0,0

50,0

0,0

33,33

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

9,0

9,0

9,0

9,0

9,0

9,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,22

33,33

33,33

66,67

55,56

100,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

2,0

3,0

2,0

2,0

2,0

5,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

14,0

14,0

12,0

11,0

12,0

15,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

80,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

14,29

16,67

9,09

0,00

6,67

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

14,29

16,67

9,09

0,0

6,67

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

20,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

28,57

35,71

50,0

54,55

58,33

73,33

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

7,14

8,33

18,18

25,0

6,67

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

57,14

57,14

41,67

27,27

16,67

20,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

20,0

16,67

0,0

0,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

0,0

50,0

0,0

28,57

9,09

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

75,0

20,0

20,0

-

12,5

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

-

1,0

1,0

1,0

1,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

64,0

58,0

55,0

55,0

56,0

56,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,5556

3,2222

3,2353

3,2353

3,2941

3,5

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

72,22

77,78

76,47

70,59

70,59

62,5

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

17,39

16,67

15,38

8,33

8,33

6,67

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

0,0

17,08

-

33,33

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2025.