Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 198 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Iniciar ao alumno no coñecemento das raíces enfermeiras, a súa orixe e traxectoria.
-Introducir ao alumno na Ciencia Enfermeira marcando e delimitando as bases do que será a súa profesión futura.
-Levar a cabo o ensino e aprendizaxe na metodoloxía do Proceso de Atención de Enfermería e na taxonomía enfermeira utilizada na actualidade como método de traballo.
-Adquirir coñecementos básicos de Enfermería, para proporcionar unha atención integral ao ser humano san ou enfermo.
-Desenvolver habilidades e destrezas que permitan realizar as técnicas básicas de Enfermería.
-Fomentar no alumno un espírito crítico e de integración ao traballo en equipo.
A materia Fundamentos de Enfermería consta dunha serie de módulos ben definidos:
1. HISTORIA DA ENFERMERÍA
2. MARCO CONCEPTUAL DE ENFERMERÍA. MODELOS E TEORÍAS ENFERMEIRAS
3. METODOLOXÍA E PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMERÍA
4. NECESIDADES HUMANAS E COIDADOS BÁSICOS
5. MÓDULO TEÓRICO-PRÁCTICO
MÓDULO 1. HISTORIA DA ENFERMERÍA
Tema 1. Introdución á Historia da Enfermería. Fundamentos históricos dos coidados.
Tema 2. Etapa doméstica dos coidados.
Tema 3. Etapa relixioso-institucional dos coidados.
Tema 4. Etapa técnica dos coidados. Fase pre-profesional.
Tema 5. Etapa profesional dos coidados de Enfermería. Evolución ata o estado actual da profesión.
En cada un destes temas trataranse os seguintes contidos: contexto histórico e social, conceptos de saúde-enfermidade, atención sanitaria, persoal e institucións sanitarias.
MÓDULO 2.- MARCO CONCEPTUAL DE ENFERMERÍA. MODELOS E TEORÍAS.
Tema 6. Introdución á ciencia Enfermeira. Enfermería profesional. Funcións e competencias de enfermería.
Tema 7. Modelos e Teorías en Enfermería. Elementos fundamentais da disciplina enfermeira: persoa, contorna, saúde, enfermería.
Tema 8. Modelos de coidados en Enfermería máis representativos.
Tema 9. Modelo de Necesidades de Virginia Henderson.
MÓDULO 3.- METODOLOXÍA EN ENFERMERÍA. PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMERÍA.
Tema 10. Pensamento crítico. Metodoloxía científica no proceso de coidar: Proceso de Atención de Enfermería.
Tema 11. Etapa de Valoración.
Tema 12. Diagnósticos enfermeiros. Taxonomía NANDA.
Tema 13. Planificación. O Plan de Coidados: obxectivos. Taxonomía NOC. Taxonomía NIC.
Tema 14. Execución do Plan de Coidados.
Tema 15. Avaliación do Plan de Coidados.
MÓDULO 4: NECESIDADES HUMANAS E COIDADOS BÁSICOS
Tema 16. Osixenación.
Tema 17. Alimentación.
Tema 18. Hidratación.
Tema 19. Eliminación urinaria
Tema 20. Eliminación intestinal.
Tema 21. Mobilidade. Posturas.
Tema 22. Descanso e soño.
Tema 23. Termorregulación.
Tema 24. Hixiene. Protección.
Tema 25. Comunicación. Autoestima. Lecer.
En cada un dos temas deste bloque trataranse os seguintes contidos:
-Valoración da necesidade.
-Patróns normais de satisfacción.
-Factores que inflúen na satisfacción da necesidade.
-Problemas en cada unha das necesidades e as súas manifestacións.
-Diagnósticos de enfermería.
-Coidados básicos de enfermería para manter a independencia e ante os problemas de cada unha das necesidades.
MÓDULO 5. PRÁCTICAS DE LABORATORIO: TÉCNICAS E PROCEDEMENTOS BÁSICOS EN ENFERMERÍA
1. Procedementos básicos de hixiene, desinfección e asepsia. Lavado de mans e posta de luvas.
2. Unidade do doente hospitalizado. Historia clínica. Mobilizacións. Cambios posturales. Posicións adecuadas.
3. Constantes vitais. Glicemia capilar.
4. Técnicas básicas e instrumental de curas. Recollida de mostras.
5. Sondaxes nasogástrico, rectal e vesical.
6. Osíxenoterapia.
7. Material parenteral: técnicas e coidados. Fluidoterapia. Administración de medicamentos: vías intradérmica, subcutánea e intramuscular. Prevención de erros.
8. Vía intravenosa: administración de fármacos e solucións, extracción de sangue.
BÁSICA:
MÓDULO 1:
-Donahue, M. Historia de la enfermería. Ed. Harcourt; 1999.
-Martínez Martín, ML. y Chamorro Rebollo E. Historia de la Enfermería. 3ª ed, Ed.Elsevier 2017.
MÓDULO 2:
-Hernández Garre, JM. et al. Fundamentos Teóricos de Enfermería. Teorías y Modelos, 1ª ed. Murcia: DM; 2010.
-Marriner Tomey, et al. Modelos y Teorías en Enfermería. 7ª ed. Barcelona: Mosby; 2011.
-Benavent Garcés, M. et al. Fundamentos de Enfermería, 2ª ed. Madrid: Difusión Avances de Enfermaría; 2003
-Potter P, Perry A, Stockert P.. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
MÓDULO 3:
-Alfaro-Lefevre, R. Aplicación del Proceso de Enfermería. 5ª ed. Barcelona. Elsevier; 2007.
-Gordon, M. Diagnóstico enfermero. Proceso y Aplicación. 11ª ed. Madrid; Inteamericana; 2007.
-Moorhead, S. et al. Clasificación de resultados de Enfermería. (NOC). 6ª ed. Barcelona. Elsevier; 2019.
-Butcher, HK. et al. Clasificación de intervenciones de Enfermería. (NIC). 7ª ed. Madrid. Elsevier; 2019.
-NANDA. Diagnósticos enfermeros: definiciones y clasificación, 2018-2020, Madrid. Elsevier; 2019.
-Potter P, Perry A, Stockert P.. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
MÓDULO 4:
-Berman, et al. Fundamentos de Enfermería. 9ª ed, Madrid; Pearson. 2012.
-Potter P, Perry A, Stockert P.. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
MÓDULO 5:
-Jamieson, E. Procedimientos de Enfermería clínica. 5ª ed, Barcelona. Elsevier. 2008.
-Perry, A., Potter, P. Guía Mosby de habilidades y procedimientos en enfermería. Elsevier. 2019
-Potter, P. Perry, A., Stockert, P. Fundamentos de Enfermería. Barcelona: Harcourt; 2019.
-Zabalegui Yárnoz, A., Lombraña Mencía, M. Administración de medicamentos y cálculo de dosis. 3ª ed. Elsevier. 2020
Catálogo de recursos electrónicos da biblioteca da USC.
COMPLEMENTARIA:
Páxinas web especializadas, bases de datos e revistas científicas.
Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
Google Académico: https://scholar.google.es/schhp?hl=es
Cinahl: https://www.ebscohost.com/nursing/products/cinahl-databases/cinahl-comp…
Asociación española de Nomenclatura, Taxonomía e Diagnósticos de Enfermería: https://www.aentde.com/
Competencias específicas da materia:
1. Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados desde unha perspectiva histórica para comprender a evolución do coidado de enfermería.
2. Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica os conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermería así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes.
3. Aplicar o proceso de enfermería para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
4. Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermería.
5. Establecer unha comunicación eficaz cos doentes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a Educacion para a Saúde.
6. Ser consciente dos diversos roles, responsabilidades e funcións do persoal de Enfermería.
7. Capacidade para considerar os coidados emocionais, físicos e persoais, incluíndo satisfacer as necesidades de confort, nutrición e hixiene persoal e permitir o mantemento das actividades cotiás.
8. Coñecemento relevante e capacidade para aplicar teorías de enfermería e práctica enfermeira.
Competencias transversais:
CT01 - Capacidade de análise e síntese
CT04 - Capacidade de xestión da información
CT05 - Resolución de problemas
CT08 - Traballo nun equipo multidisciplinar e multilingüe
CT10 - Razoamento crítico.
CT12 - Aprendizaxe autónoma
CT14 - Creatividade.
CT16 - Motivación pola calidade
Resultados que adquire o alumnado:
1. Sitúase dentro dun marco de referencia da profesión de enfermería.
2. Descobre o por que da existencia da Enfermería.
3. Analiza a evolución da enfermería como grupo específico na sociedade ao longo da historia
4. O alumnado alcanza unha resposta positiva de acordo co concepto de enfermería actual.
5. Fomenta no alumnado un espírito crítico e de integración con vistas ao traballo en equipo.
6. Iníciase na metodoloxía do Proceso de Atención de Enfermería.
7. Adquire os coñecementos necesarios da enfermería básica para proporcionar unha atención integral ao ser humano san ou enfermo.
8. Desenvolve habilidades e destrezas que permitan realizar as técnicas básicas de enfermería.
9. Coñece e mostra unha actitude de respecto fronte aos dereitos de información, autonomía e consentimento informado do paciente.
10. Identifica as fontes de información de interese en ciencias da Enfermería e xestiona o seu contido.
11. Desenvolve a capacidade de aprendizaxe autónoma.
DOCENCIA EXPOSITIVA
Por tratarse dunha materia en extinción, non se oferta docencia expositiva.
DOCENCIA INTERACTIVA
Por tratarse dunha materia en extinción, non se oferta docencia interactiva.
Contémplanse dous supostos:
a) Aqueles estudantes que xa teñan feitas e superadas as clases interactivas en cursos pasados están exentos de realizalas.
b) Aqueles estudantes que non realizaron as clases interactivas en cursos pasados, asistirán ás correspondentes da/s materia/s equivalente/s do novo plan de estudos.
Tendo en conta que no novo plan de estudos os contidos e competencias da materia Fundamentos de Enfermería se dividen en varias materias, é fundamental que o estudante se poña en contacto coa coordinadora da materia ao comezo do curso académico para facilitar dita incorporación.
DOCENCIA TEÓRICA: avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas obxectivas. Terá un valor na nota final do 60%.
DOCENCIA INTERACTIVA: mediante avaliación continua:
1.-SEMINARIOS: A asistencia a seminarios é obrigatoria, terán un valor na nota final do 20%.
2.-PRÁCTICAS DE LABORATORIO: a asistencia a prácticas é obrigatoria, terán un valor na nota final do 20%.
Para aprobar a materia será necesario superar tanto a docencia teórica como os seminarios e as prácticas de laboratorio.
Cada ECTS equivale a 25h, das cales 17 corresponden a traballo autónomo do alumnado e 8h a docencia presencial.
Por cada hora de docencia expositiva e interactiva, considérase necesario dedicar ao estudo 1,5 horas e 1,5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
- Seguimento diario das distintas actividades a realizar.
- Establecer nexos entre os contidos teóricos das clases expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas interactivas.
- Ter acceso ás ferramentas telemáticas de seguimento da materia.
- Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
CONTINGENCY PLAN
Adaptations corresponding to scenarios 2 and 3.
SCENARIO 2: DISTANCE (partial restrictions on physical presence)
TEACHING IMPLICATIONS
- Face-to-face teaching will coexist with virtual teaching based on the recommendations of the center
- When teaching is telematic in nature, it will be carried out synchronously and asynchronously (with preference for synchronous mechanisms)
- The programming of tutorials by telematic means will be prioritized
TEACHING METHODOLOGY
- The “remote” activities will be scheduled throughout the teaching period, combining individual tasks with collaborative work. The monitoring of the proposed activities, sending of materials and communication with the students of the subject will be carried out through the use of the institutional tools of the USC (Email, Virtual Campus and Microsoft Teams)
-The activities will be centralized in the Virtual Campus of the USC performing functions of character:
* Technical (Instructions to students)
* Academic (Delivery of materials, clarify concepts, and provide feedback)
* Organizational (Calendar of activities, help and organization of group work and management of discussion forums)
* Counselor (Monitoring of student activity)
- Participation and monitoring of the activities proposed through the Virtual Campus is mandatory
- To guarantee the protection of personal data in “remote” activities, the systems defined at the institutional level (Email, Virtual Campus and Microsoft Teams) will be used. Likewise, the materials used must comply with the regulations regarding intellectual property and data protection.
EVALUATION SYSTEM
- Proposed activities: The proposed activities and their weighting in the final grade will be those indicated in the Teaching Methodology section. In the event that the center determines that the expository and / or interactive teaching must be carried out in a non-face-to-face way, the activities will be adapted to the tools available for telematic monitoring of the teaching
- The final tests will be telematic and complementary to the continuous assessment
- In cases of fraudulent performance of exercises or tests, the one set out in the "Regulations for the validation of academic performance for two students and for the review of qualifications will apply."
SCENARIO 3: CLOSURE OF THE FACILITIES
TEACHING IMPLICATIONS
- Teaching and monitoring of the subject will be completely virtual in nature through synchronous and asynchronous mechanisms (with preference for synchronous mechanisms)
- The programming of the tutorials will be exclusively by telematic means
TEACHING METHODOLOGY
- The “remote” activities will be scheduled throughout the teaching period, combining individual tasks with collaborative work. The monitoring of the proposed activities, sending of materials and communication with the students of the subject will be carried out through the use of the institutional tools of the USC (Email, Virtual Campus and Microsoft Teams)
-The activities will be centralized in the Virtual Campus of the USC performing functions of character:
* Technical (Instructions to students)
* Academic (Delivery of materials, clarify concepts, and provide feedback)
* Organizational (Calendar of activities, help and organization of group work and management of discussion forums)
* Counselor (Monitoring of student activity)
- Participation and monitoring of the activities proposed through the Virtual Campus is mandatory
- To guarantee the protection of personal data in “remote” activities, the systems defined at the institutional level (Email, Virtual Campus and Microsoft Teams) will be used. Likewise, the materials used must comply with the regulations regarding intellectual property and data protection.
EVALUATION SYSTEM
- Proposed activities: The proposed activities and their weighting in the final grade will be those indicated in the Teaching Methodology section. These activities will be adapted to the tools available for telematic monitoring of teaching
- The final tests will be telematic and complementary to the continuous evaluation.
- In cases of fraudulent performance of exercises or tests, the one set out in the Regulations for the evaluation of the academic performance of students and the review of qualifications will apply.
This schedule was prepared according to the indications of the "Contingency Plan for or development of teaching in the 2021-2022 course" approved at the ordinary session of the Consello de Goberno held on April 30, 2021.
Raquel Rodriguez Gonzalez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 22.05.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 1 (Edif. Xoán XXIII) |
| 22.05.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 2 (Edif. Xoán XXIII) |
| 22.05.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 3 (Edif. Xoán XXIII) |
| 22.05.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 4 (Edif. Xoán XXIII) |
| 26.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 1 (Edif. Xoán XXIII) |