Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
COMPOÑENTE TEÓRICA
• Achegamento ao alumnado ás novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
• Descrición das posibilidades que estas tecnoloxías ofrecen no ámbito sanitario.
• Introducir e describir Internet como unha nova canle de comunicación nos procesos de intercambio de información usándoo como canle de soporte para moitos dos procesos utilizados nos sistemas sanitarios.
• Achegamento a tecnoloxías relacionadas con realidade virtual e realidade aumentada e as súas posibilidades no mundo da saúde.
COMPOÑENTE PRÁCTICA
• Adquirir coñecementos básicos na utilización de ferramentas informáticas necesarias para solicitar, preparar e presentar documentación relacionada coa Saúde.
• Aprender a manexar software para aproveitar no sector sanitario as novas tecnoloxías emerxentes.
TEORÍA
1. Presentacións eficaces
2. Ofimática xeral
3. Web 2.0
4. Tecnoloxías emerxentes
PRÁCTICAS
1. Creación e mantemento dun blogue
2. Procura de información sanitaria e realización dunha presentación multimedia.
3. Preparación de documentación con ferramentas de Ofimática.
4. Preparación para a redacción de documentación académica.
• Forneceráselle ao alumnado toda a bibliografía necesaria a través do portal de e- learning da Universidade.
Xenerais:
• Coñecer os sistemas de información sanitaria.
Transversais:
• Capacidade de análise e síntese.
• Capacidade de organización e planificación.
• Comunicación oral e escrita tanto en lingua nativa como estranxeira.
• Capacidade de xestión da información.
• Traballo en equipo.
• Aprendizaxe autónoma.
• Creatividade.
• Motivación pola calidade.
Específicas:
• Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
• Coñecemento relevante e capacidade para aplicar tecnoloxía e informática aos coidados de saúde.
• Coñecemento relevante e capacidade para aplicar principios de investigación e información.
• Capacidade para informar, rexistrar, documentar e derivar coidados utilizando tecnoloxías adecuadas.
• A materia dispoñerá dunha aula virtual soportada pola plataforma Moodle do Campus Virtual da USC. Dita aula virtual dará soporte ás distintas actividades de ensino-aprendizaxe nos diferentes escenarios contemplados, incluídas posibles actividades de avaliación, e tamén servirá como medio de comunicación co alumnado mediante foros e mensaxería.
• As titorías e aclaración de dúbidas realizaranse a través da plataforma virtual ou de MS Teams ou do correo electrónico:
o
• Exposicións orais dos contidos teóricos fomentando a atención do alumnado mediante curiosidades e/ou anécdotas relacionadas co material.
• Desenvolver o temario seguindo unha orde ascendente na complexidade dos contidos.
• Propoñeranse seminarios preparados polos estudantes sobre temáticas relacionadas co temario que o complementen partindo de diferentes premisas definidas polo profesorado. A asistencia a estes seminarios é obrigatoria.
• Realizaranse exercicios prácticos que lles permitan levar á práctica os coñecementos teóricos aprendidos utilizando o hardware e software idóneos.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
• Non se conservan cualificacións dun curso para outro. En consecuencia, os estudantes repetidores cursarán a materia como un estudante de primeira convocatoria.
• As porcentaxes da avaliación serán:
o 30% exame teórico + 50 % proxecto práctico + 20% Traballo teórico
• O exame teórico farase de forma presencial na aula de informática da Facultade a través do Campus Virtual da USC. l traballo teórico consistirá na presentación dun informe escrito e defendido en público sobre un tema seleccionado entre un conxunto proposto polo profesorado ou un tema relacionado coa Saúde exposto polo grupo e aprobado polo profesorado. A presentación do traballo teórico realizarase as últimas semanas do período de clases teóricos da materia.
• O traballo final do curso é a realización en grupo dun blogue de temática libre dentro da contorna sanitaria no cal se incluirá texto, imaxes, gráficos e datos preparados en Excel, vídeos, ... e un informe en PDF do desenvolvemento realizado. A data límite para a entrega do informe do proxecto práctico indicarase na plataforma Moodle da USC a través da cal se fará a entrega.
• A cualificación mínima admisible, no exame teórico e o proxecto práctico, é de 4 sobre 10.
• Considerarase a condición de NON PRESENTADO só aos estudantes que non realicen o exame teórico.
Para as clases teóricas o alumnado debería dedicarlle 1 hora por cada hora presencial. Para a preparación dos seminarios cada estudante debería dedicarlle 16 horas. Para os traballos prácticos e o traballo final o estudante debería dedicarlle 20 horas ademais das horas de prácticas presenciais. Para a preparación do exame 8 horas levando a materia ao día. Iso dá un total de 48 horas presenciais e 68 horas de traballo persoal.
Sebastian Villarroya Fernandez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| 11.01.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Informática Docencia 1 (Edif. Xoán XXIII) |
| 03.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Informática Docencia 1 (Edif. Xoán XXIII) |