Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Reflexionar sobre a circulación cultural e as transferencias literarias e culturais que se producen nun sistema literario.
Analizar en que medida estas transferencias teñen contribuído á construción dunha identidade nacional ou supranacional.
Analizar a medida na que aspectos das culturas antigas, por medio dos textos literarios que as representan, poden permancecer, e ao tempo transformarse, nas culturas contemporáneas.
Literatura, reescritura e canon literario.
Transferencias entre sistemas culturais e literarios.
O papel da tradución no desenvolvemento dos sistemas literarios e culturais.
Caso práctico principal: análise da obra poética de Xosé Luís Méndez Ferrín á luz da poética antiga.
Casos prácticos secundarios: análise da obra odiseica de Derek Walcott / análise da obra dramática de Seamus Heaney.
Textos de lectura obrigatoria:
Xosé Luís Méndez Ferrín:
Poesía enteira de Heriberto Bens, Vigo, Edicións Xerais 1980.
Con pólvora e magnolias, Vigo, Rompente, 1976.
O fin dun canto, Vigo, Ediciones Nós, 1982.
Estirpe, Vigo, Edicións Xerais, 1994.
Derek Walcott. Omeros, versión de José Luis Rivas, Madrid, Anagrama 1994.
Seamus Heaney, The Cure at Troy. New York: Farrar, Straus and Giroux, 1990.
(trad. ao galego, Manuel Outeiriño, Stephanie Jennings, A curación en Troia, Vigo, Xerais, 1998).
A profesora irá indicando bibliografía secundaria e estudos pertinentes segundo se vaia avanzando na análise e lectura das obras.
Que o estudantado sexa capaz de coñecer e explicar as distintas transferencias literarias e culturais.
Capacidade para analizar as traducións literarias en relación coa literatura nacional que as produce así como para analizar aspectos da comunicación literaria e cultural supranacional.
Habilidade para recoñecer a función e o lugar da tradución no marco xeral dos estudos literarios e da cultura.
Capacidade para analizar diferentes prácticas de tradución como exemplos de transferencias literarias e culturais.
1. As clases presenciais combinarán, na medida do posible e en función do enunciado de cada tema, a exposición teórica e o traballo práctico. Nas sesións presenciais comentarase a bibliografía pertinente e daranse as orientacións correspondentes a cada un dos puntos que se vaian abordando.
2. Contémplase a intervención dos estudantes con breves exposicións sobre aspectos concretos que poidan ser obxecto de debate. Nalgunha ocasión poderán verse e comentarse vídeos, películas, documentais ou outros produtos culturais relevantes para o tratamento dos contidos da materia.
3. Procesos de aprendizaxe: a parte práctica da materia concíbese como consulta directa de fondos bibliográficos literarios e culturais que permita verificar as nocións teóricas e críticas adquiridas. Ademais, procurarase que os coñecementos se asimilen a partir do comentario literario e da análise da cultura.
A nota final da materia establecerase entre:
- A asistencia e participación activa nas diferentes actividades das sesións presenciais (40% da nota global). A asistencia é obrigatoria, e un número de ausencias sen xustificar que supere o 25% das horas de docencia implicará o suspenso final.
- A resolución das tarefas que se propoñan e unha exposición oral na que se presente de xeito sintético un traballo sobre un dos temas do curso (previamente pactado coa profesora) e que se entregará por escrito. Isto demostrará a adquisición das competencias xerais e específicas establecidas (60%).
Para superar a materia o estudantado deberá aprobar todas as partes da avaliación.
O estudantado que non supere a materia na convocatoria de xaneiro será avaliado na segunda oportunidade de xullo mediante a realización dunha única proba escrita que suporá o 100% da nota final.
O exame final como único modo de avaliación aplicarase tamén ao alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
75 horas totais de traballo presenciais e non presenciais. Estas últimas dedicaranse principalmente ás lecturas e á preparación dos traballos/exposicións.
Total volume de traballo: 3 horas semanais, aproximadamente.
Recoméndase participar de xeito activo nas clases.
É conveniente realizar lecturas sobre a temática antes do comezo do curso.
Por último, é recomendable aproveitar as titorías para resolver dúbidas.
Malia que se traballará con textos escritos en latín e grego, non se require coñecemento previo destas linguas, senón que nos serviremos de traducións a linguas actuais. Aspectos necesarios do léxico das linguas antigas serán comentados pola profesora.
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | C04 |
| Mércores | ||
| 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C04 |
| 22.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D07 |
| 10.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D07 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA | Galego |