O máster está destinado a licenciados/as en dereito, graduados/as en dereito ou con outro título universitario equivalente que reúna os requisitos establecidos no art. 3 do Regulamento de desenvolvemento da Lei de Acceso; e nace cunha clara vocación profesional, en tanto que ten por finalidade proporcionar capacitación profesional (coñecementos, competencias e habilidades propias do exercicio da profesión da avogacía, tanto nos aspectos organizativos e colexiais como de estrita técnica xurídica) ás persoas licenciadas/graduadas en dereito que, tras a avaliación positiva da aptitude profesional, poidan obter o título profesional de avogado/a, que a Lei 34/2006 esixe como imprescindible para o exercicio da profesión.
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría
Duración:
1 ano académico
Código RUCT: 4313724
Número de ECTS: 90
Número prazas: 60
Coordinador-a do título:
Lotario Vilaboy Lois
lotario.vilaboy [at] usc.es
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 1/02/2013 (DOG do 12/02/2013)

Condicións de terminación:
Obrigatorias: 54
Prácticas externas 30
Traballo fin de máster: 6
Total: 90
Non se contemplan
Plan de estudos de 90 ECTS que se estrutura do seguinte modo:
- Obrigatorios 54
- Prácticas externas 30
- Traballo fin de máster 6
Iniciación ao exercicio profesional, deontoloxía e réxime de responsabilidade da avogacía e da procuradoría
- P3342101
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 5 créditos
Técnicas e habilidades transversais para o exercicio profesional da avogacía e da procuradoría
- P3342102
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 4 créditos
Práctica xurídica extraxudicial e medios adecuados de solución de conflitos xurídicos
- P3342103
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 4 créditos
Práctica xurídica civil I: litigación
- P3342104
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 4,5 créditos
Práctica xurídica civil II: asesoramento e litigación
- P3342105
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Práctica xurídica mercantil: asesoramento e litigación
- P3342106
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 4 créditos
Práctica xurídica laboral I: asesoramento e litigación
- P3342107
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Práctica xurídica laboral II: asesoramento e litigación
- P3342108
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3 créditos
Práctica xurídica administrativa I: litigación
- P3342109
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Práctica xurídica administrativa II: asesoramento e litigación
- P3342110
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Práctica xurídica tributaria, constitucional, internacional e da Unión Europea: asesoramento e litigación
- P3342111
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3,5 créditos
Práctica xurídica penal I: litigación
- P3342112
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 4 créditos
Práctica xurídica penal II: asesoramento e litigación
- P3342113
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 4 créditos
Prácticas externas I: administracións públicas. Institucións. Xulgados e tribunais. Despachos profesionais
- P3342114
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Prácticas externas II: despachos de avogacía e/ou de procuradoría
- P3342115
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 12 créditos
Prácticas externas III: despachos de avogacía e/ou de procuradoría
- P3342116
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 12 créditos
Traballo fin de máster
- P3342117
- Obrigatorio
- Traballos Fin de Grao e Máster
- 6 créditos
O perfil recomendado dos/as posíbeis interesados/as é o de titulados que vexan na avogacía e/ou na procura unha alternativa real e viábel para encamiñaren o seu futuro profesional e inserción no mercado laboral, e que, en consecuencia, desexen adquirir a formación práctica especializada comprensiva do conxunto de coñecementos, destrezas/habilidades e competencias necesarias para o exercicio da avogacía e da procura.
Condicións de terminación:
Obrigatorias: 54
Prácticas externas 30
Traballo fin de máster: 6
Total: 90
A USC realiza todos os anos, a comezo de curso, xornadas de acollida organizadas polo vicerreitorado con competencia en materia de estudantes, as cales desenvólvense na primeira quincena do curso en todos os centros universitarios e teñen por obxecto presentarlle aos novos estudantes as posibilidades, recursos e servizos que lles ofrece a universidade. A Facultade de Dereito, os colexios profesionais e a Escola de Práctica Xurídica colaborarán co vicerreitorado competente para a organización da xornada de acollida, de forma que estes centros oferezan tamén información específica sobre as particularidades da titulación e da organización docente da facultade, escolas e mestrado.
Máis concretamente, a canle principal a través de cal leva a cabo a orientación específica dos estudantes de novo ingreso centralízase nas dependencias da Escola de Práctica Xurídica, en cuxas dependencias se imparte o Mestrado universitario en Avogacía e Procura.
Así, en canto á acollida do alumnado no mestrado, os primeiros días de cada curso académico os servizos administrativos, a coordinación e os membros da comisión académica levan a cabo un labor de información, apoio e orientación dirixida a todo o estudantado matriculado sobre os contidos e outros aspectos relacionados coa oferta docente e sobre os recursos materiais e servizos que as institucións poñén á súa disposición. Igualmente, son informados das características, regulamentación, programación, metodoloxía e sistemas de avaliación do mestrado.
Ademais, entre as accións de apoio e orientación aos estudantes destaca especialmente a designación dun/a titor/a para cada materia, encargado de efectuar un seguimento continuado e directo das actividades que realiza o alumnado, así como de canalizar as inquietudes que se lles presenten.
Cada dous meses son entrevistados individualmente pola coordinación para coñecer o seu grao de satisfacción coa impartición do título.
Acceso
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Admisión
Modalidade: Criterios específicos
Titulación de Acceso
Licenciatura ou Grao en Dereito
Criterios de Selección
a) Expediente académico (50%)
b) Curriculum Vitae (20%)
c) Experiencia profesional (10%)
d) Carta de motivación (20%)
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
COÑECEMENTOS:
Con01: Coñecer os distintos medios de investigación da solvencia do contrario, de obtención de información útil do propio cliente e de datos ou documentos en distintos organismos, así como as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedementos, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
Con02: Coñecer e ser capaz de integrar a defensa e a postulación dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdiccionais nacionais e internacionais.
Con03: Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses, análise de problemas e toma de decisións profesionais, identificando a parcela do dereito en que se residencia; e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdiccional.
Con04: Coñecer e distinguir as formas usuais de contratación privada e pública, incluída a electrónica, e de constitución e funcionamento dos diferentes tipos de sociedades; sabendo valorar a que resulte máis adecuada para cada caso, segundo o obxectivo e a necesidade do cliente, e tendo en conta todas as posibles variábeis que poidan interesar.
Con05: Coñecer a estrutura procedimental e particularidades máis importantes que presentan os distintos procesos propios das diferentes ordes xurisdicionais en que interveñen con máis frecuencia os profesionais da avogacía e da procura; así como os tipos de pretensión que se poden exercitar neles, as técnicas alegatoria, probatoria e de conclusións, e manexarse nos procedementos de xurisdición voluntaria.
Con06: Coñecer as técnicas procesuais e ser capaz de executar cantos actos lle encomenden ou para cuxa realización estean facultados nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actos de comunicación, medios de impugnación, execución e vías de prema.
Con07: Coñecer as técnicas, tanto para a elaboración de documentos profesionais e procesuais de contido diverso, como para ter unha intervención fluída, correcta e acertada, nas actuacións orais propias do exercicio profesional.
Con08: Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións da persoa exercente da avogacía ou da procura con clientes, outras partes, tribunais ou autoridades públicas, e entre outras persoas exercentes da avogacía ou da procura, así como cos demais profesionais.
Con09: Coñecer o “usus fori” dos tribunais, organismos e oficinas públicas propias do lugar.
Con10: Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e dos servizos colexiais de quenda de oficio, asistencia letrada e orientación xurídica; e a promoción da responsabilidade social da persoa exercente da avogacía ou da procura.
Con11: Coñecer e aplicar as técnicas dirixidas á identificación e liquidación de honorarios, dereitos arancelarios, obrigas tributarias, de constitución de depósitos xudiciais e de atención de cantos gastos e custas sexan necesarios para garantir a efectiva tutela xudicial dos dereitos dos seus representados ou defendidos.
Con12: Coñecer as funcións propias da avogacía e da procura; e saber aplicar na práctica o contorno organizativo, de xestión e comercial da avogacía e da procura, así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal, e o réxime de previsión social.
Con13: Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñíbeis para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas do exercicio profesional.
Con14: Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da súa profesión.
COMPETENCIAS:
Comp01: Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución; estabelecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
Comp02: Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico e a representación procesual.
Comp03: Coñecer e saber aplicar na práctica o contorno organizativo, de xestión e comercial da avogacía e da procura; así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal.
Comp04: Desenvolver a capacidade para elixir os medios máis adecuados que oferece o ordenamento xurídico para o desempeño dunha defensa e representación técnica de calidade.
Comp05: Utilizar as ferramentas das tecnoloxías e da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
Comp06: Adquirir un manexo suficiente en todas aquelas materias de dereito substantivo, incluído o dereito autonómico, que debe aplicar con máis frecuencia o profesional da avogacía na solución xudicial e extraxudicial de conflitos xurídicos.
Comp07: Saber expor, de forma oral e escrita, feitos; e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo, de ser o caso, coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
Comp08: Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
Comp09: Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.
Comp10: Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da avogacía e da procura.
Comp11: Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posíbeis liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión.
Comp12: Saber utilizar a perspectiva de xénero como ferramenta metodolóxica na actuación profesional cotiá e nas relacións profesionais.
Comp13: En xeral, desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da avogacía e, de ser o caso, da procura.
HABILIDADES OU DESTREZAS:
H/D01: Posuír motivación pola calidade e a excelencia profesional, mostrar predisposición cara a unha cultura emprendedora, evidenciar capacidade de iniciativa, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación, e valorar o despacho desde unha óptica empresarial.
H/D02: Desenvolver un compromiso ético e deontolóxico no exercicio profesional cotián, detectando as situacións deontoloxicamente relevantes, e apreciando os beneficios que reportan á sociedade, á avogacía e á procura os principios éticos e deontolóxicos destas profesións.
H/D03: Posuír habilidades que permitan aplicar os coñecementos especializados adquiridos na licenciatura ou o grao, ao exercicio profesional perante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento.
H/D04: Desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para a correcta e eficaz realización dos actos de comunicación ás partes no proceso, e para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais; coñecendo e diferenciando os intereses privados que representa dos de carácter público cuxa execución a lei e os tribunais lle encomenden.
H/D05: Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos da clientela, tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional, incluída a conveniencia de propiciar solucións negociadas aos conflitos e de preocuparse, de ser o caso, pola execución das resolucións favorábeis ao cliente; sendo capaz de transmitir, de modo claro e fundamentado, as razóns e argumentos que sustentan unha determinada posición xurídica.
H/D06: Manexar con soltura as formas usuais de constitución e funcionamento de sociedades, así como de contratación, identificando as condicións xerais, cláusulas abusivas e escuras, contratos de adhesión, etc.
H/D07: Desenvolverse con soltura nos distintos trámites dos procedementos máis habituais que son propios das diferentes ordes xurisdicionais, valorando en cada caso a viabilidade de acudir ao que resulte máis adecuado aos intereses do cliente.
H/D08: Desenvolver as destrezas e habilidades necesarias para a utilización dos procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais que requiran os actos de comunicación e cooperación coa administración de xustiza, con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática; e para a procura de información telemática, xurídica ou non xurídica, que resulte relevante nos asuntos cuxa xestión se teña encomendada.
H/D09: Dispor das habilidades necesarias para auxiliarse das funcións notarial e rexistral, no exercicio da súa actividade, e para ser consciente das implicacións económicas e tributarias que teñen para o cliente as actuacións profesionais que desenvolvemos no seu nome.
H/D10: Saber manter un estrito ton profesional; e desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio profesional nas súas relacións coa cidadanía, con outros profesionais e coas institucións.
H/D11: Aplicar as técnicas de redacción con fluidez en documentos profesionais e procesuais de contido diverso; e de realización das intervencións orais máis habituais no exercicio profesional, segundo as particularidades do caso ou do procedemento de que se trate.
H/D12: Afacerse a analizar con determinación as resolucións procesuais, para valorar a posíbel impugnación desde o óptica risco-beneficio, e elixir, de ser o caso, o medio máis axeitado de entre os contemplados pola normativa de aplicación.
Mobilidade
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Pola súa banda, no proceso de desenvolvemento das ensinanzas estabelecido no SGIC da Facultade de Dereito desenvólvese o procedemento para a organización da mobilidade, tanto entrante como saínte.
No relativo á titulación, non se contemplan actuacións de mobilidade específicas, á marxe das estabelecidas na normativa xeral da USC e no manual de procesos da Facultade de Dereito.
Prácticas
O mestrado contempla tres materias de prácticas externas que en total suman 30 créditos ECTS. Estas prácticas realizaranse conforme ao disposto no capitulo III do regulamento que desenvolve a Lei 34/2006, no convenio de colaboración asinado entre as institucións que organizan e imparten o mestrado, no Regulamento de prácticas académicas externas da Universidade de Santiago de Compostela (acordo do Consello de Goberno do 29/07/2015) e no Real decreto 592/2014, de 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios.
En función das dispoñibilidades das institucións receptoras do alumnado, procurarase que as prácticas se realicen con continuidade durante un período de tempo determinado. Corresponderá á Escola de Práctica Xurídica e aos colexios profesionais a organización das prácticas externas, dando conta á comisión académica da titulación. A coordinación asignará a cada alumno/a unha dependencia administrativa, órgano xurisdiccional e despacho profesional, procurando respeitar as preferencias manifestadas polo alumnado.
Os contidos e competencias das prácticas serán os estabelecidos no art. 13 do RD 64/2023, do 8 de febreiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da avogacía e da procura, e nas fichas (guías docentes) das correspondentes materias que figuran na presente memoria.
As prácticas externas deberán ser tuteladas por un equipo de profesionais, á fronte dos cales deberá designarse unha persoa exercente da avogacía e/ou da procura cun exercicio profesional superior a cinco anos.
As materias de prácticas externas disporán da figura de “coordinador/a de prácticas externas” e dun “equipo de coordinación” que se encargará máis directamente de estabelecer o contacto persoal con cada titor/a, do seguimento das prácticas, das reunións periódicas co alumnado, da avaliación da memoria que debe elaborar cada alumno/a, etc.
Este mestrado contempla a elaboración e presentación dun traballo fin de máster de 6 créditos ECTS. Configúrase como actividade para comprobar a asimilación das materias impartidas durante o curso e das prácticas externas, e tamén como medio para acreditar a capacidade de investigación, de solución de problemas profesionais e de tramitación de actuacións procesuais.
Consistirá na elaboración individual dun traballo orixinal de contido mixto, académico e profesional sobre a base dun caso práctico cuxa problemática principal se incardinará en materias que son propias de unha das catro ordes xurisdicionais.
A materia de Traballo fin de máster será tutorizada por diferentes equipos (como mínimo un por cada unha das ordes xurisdicionais ou especialidades xurídicas en que se elaboren os traballos), procurando sempre que o peso da tutoría recaia, conxuntamente, e para cada traballo, nun docente universitario e nun docente externo.
Os TFM defenderanse perante un tribunal formado, preferentemente, por profesorado da titulación. Poderán constituírse un ou varios tribunais por especialidade xurídica ofertada, en función do volume de traballos presentados. A defensa do traballo perante o tribunal poderá consistir nunha exposición oral do realizado na parte académica e nunha simulación de actuacións procesuais ou profesionais que servisen de base para a parte profesional.
Juan J. Abeal Rodríguez |
Beatriz Alfonso Espiñeiras |
Cristina Alonso Salgado |
Raquel Álvarez Barreiro |
Miguel Enrique Arenas Meza |
Manuel Arza Galán |
Cecilia Barros Díaz |
Ulises Bertolo García |
Luz M. Blanco Vidal |
Santiago Botas Ramos |
Ana Belén Cajoto Berdeal |
Maria Castro Corredoira |
Maria De Los Angeles Catalina Benavente |
Federico Jacobo Collazo Martínez |
Javier Constenla Vega |
Marta Domelo Gómez |
J. Joaquín Domínguez Fuentes |
María Alejandra Domínguez Pereiras |
María Fernández Escudero |
María José Fernández González |
Jose Julio Fernandez Rodriguez |
Ángel Fernández-Albor Baltar |
Gerardo Gándara Moure |
José Carlos García Cumplido |
Cesar Garcia Novoa |
Andrea Garrido Juncal |
Lidia Gil Otero |
José Gómez Rey |
Elena Gómez-Segade González |
Maria Carmen Gonzalez Ferro |
Fernando Perfecto González-Concheiro Álvarez |
Francisco Hernandez Rodriguez |
María Belén Hospido Lobeiras |
Julio Ignacio Iglesias Redondo |
Andrés Lago Louro |
Patricia Lopez Arnoso |
Paulo Lopez Porto |
Ana López-Suevos Fraguela |
Laura Lorenzo Arceo |
Jesus Waldo Maroño Gargallo |
Ana María Martín García |
Carlos Martínez Carrillo |
Santiago Martínez Suárez |
Jose Luis Martinez-Olivares Gomez |
Javier Maseda Rodríguez |
Gil Vicente Matoses Astruells |
Manuel Merelles Perez |
Sandra Míguez Fuentes |
Alberto Míguez Gómez |
Lara Maria Munin Sanchez |
María Cristina Navares Villar |
María Jesús Otero Álvarez |
Laura Otero Rodríguez |
José Antonio Pena Beiroa |
María Beatriz Pena Domínguez |
Esther Perez Marcos |
Natalia Perez Rivas |
David Platero López-Turiso |
Luciano Prado Del Ríio |
Ramón Quintela Miramontes |
M. Victoria Regueira Rodríguez |
Araceli Del Río Otero |
Luis Jaime Rodríguez Fernández |
Óscar Rodríguez Mallo |
María Montserrat Rodríguez Varela |
Antonio Roma Valdés |
Margarita Ruíz Núñez |
Susana Sánchez Barreiro |
Javier Sánchez-Agustino Mariño |
Gerardo R. Sánchez-Brunete Varela |
María De Los Ángeles Sanmartín Méndez |
José Antonio Sarmiento Méndez |
José Manuel Sendín Rodríguez |
José M. Sierra Rodríguez |
José Manuel Silvosa Tallón |
Javier Suárez García |
Ángel Luís Suárez Losada |
Lorena Tallón García |
Yolanda Teijido Infante |
Carlos Teijo Garcia |
Maria Belen Trigo Garcia |
J.manuel Ucha Lopez |
Almudena Valiño Ces |
Juan José Varela Ferreiro |
Bernardino Varela Gomez |
M.jesús Vieito Mayo |
Lotario Vilaboy Lois |
M. Mar Vivero Vizoso |