Análise das marcas de uso nos dicionarios monolingües de lingua galega
Autoría
A.Á.G.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
A.Á.G.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
20.02.2026 12:15
20.02.2026 12:15
Resumo
No presente traballo vaise ofrecer unha análise das diferentes marcas de uso de sete dicionarios xerais e manuais monolingües de galego do século XXI: o Dicionario da Real Academia Galega, o Digalego, o Gran Dicionario Xerais da Lingua, o Gran Dicionario Século 21 da lingua galega, o Gran Dicionario Cumio da lingua galega, o Dicionario Estraviz e o Dicionario Xerais da Lingua. Primeiro, explicarase que son as marcas de uso e os problemas que pode presentar a súa delimitación e caracterización. A continuación, amosaranse as características xerais de cada dicionario, e analizarase o emprego das marcas de uso que fai cada un deles, sinalando que marcas utilizan, como as presentan e como as caracterizan. A continuación, farase unha comparativa entre todas as obras, vendo as diferenzas no emprego, presentación e valor das marcas de uso. Finalmente, realizarase unha análise dunha selección de palabras e expresións para exemplificar o uso concreto que cada dicionario fai das marcas estudadas.

Dirección
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Titoría)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Titoría)
Tribunal
MARIÑO PAZ, RAMON (Presidente/a)
VARELA BARREIRO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
MOSCOSO MATO, EDUARDO MIGUEL (Vogal)

Lexitimación da violencia na literatura da Idade Media
Autoría
X.A.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
X.A.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo analiza episodios de violencia na literatura medieval. Baseándose nestas pasaxes, explica as causas e consecuencias do uso da violencia, como se exerce e baixo que normas. Ademais, céntrase na lexitimación da violencia no mundo medieval da cabalaría. Para este traballo, seleccionei obras de Hartmann von Aue (Iwein), Wolfram von Eschenbach (Parzival) e, como comparación, un fragmento do final do Cantar do Cid. A partir desta análise, extráense conclusións sobre como se entende e se usa a violencia na literatura cabalgués medieval, como os valores cabaleirescos son compatibles co uso da violencia e cal é o papel de Deus en relación cos actos de violencia ou mesmo de asasinato. Finalmente, o uso da violencia como medio de resolución de conflitos compárase co pensamento occidental posmoderno, que rexeita completamente a violencia.

MILLET SCHRÖDER, VICTOR (Titoría)
MILLET SCHRÖDER, VICTOR (Titoría)
Tribunal
MILLET SCHRÖDER, VICTOR (Titor do alumno)

Trazar a historia de demure co OED, COHA e Sketch Engine
Autoría
A.C.S.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
A.C.S.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2026 09:45
18.02.2026 09:45
Resumo
É innegable que o mundo está cambiando a gran velocidade e tamén a lingua. Vivimos nun mundo globalizado no que uso das redes sociais está no seu punto máis alto, influenciando as vidas, os comportamentos e as formas de comunicación das persoas. Están a escoitarse e usando novas palabras, algunhas delas son completamente novas, pero outras, que xa se atopaban entre nós, están a pasar por un proceso de volta e/ou de cambio semántico. Esta investigación centrarase no uso da xa existente palabra demure e como as redes sociais, xunto coa Xeración Z incrementaron a súa popularidade. A palabra demure, cuxo significado orixinal era ‘Sober, grave, serious; reserved or composed in demeanour’ (OED, s.v. demure, adjetivo e nome) foi vista primeiro co significado ‘very mindful’ en agosto de 2024, na popular plataforma TikTok. Partindo de esta observación, este estudo analiza a orixe de demure e o seu uso ao longo das décadas usando diferentes recursos sincrónicos e diacrónicos. O OED e o Corpus de Inglés Histórico Americano (COHA) serán empregados para trazar as súas orixes mentres que Sketch Engine axudará a explorar o seu uso actual. Concretamente, despois de recoller e codificar os datos para un número de variables, levarei a cabo a análise das colocacións para explorar a súa frecuencia, formas e significados en diferentes contextos. A hipótese que se expón é que a palabra demure está a experimentar unha serie de cambios semánticos, incluíndo a mellora do significado de ser ‘sober, grave, serious’ a ser ‘mindful’.

BOUSO RIVAS, TAMARA (Titoría)
BOUSO RIVAS, TAMARA (Titoría)
Tribunal
Acuña Fariña, Juan Carlos (Presidente/a)
CAL VARELA, MARIO (Secretario/a)
ESTEVEZ SAA, MARGARITA (Vogal)

Unha proposta metodolòxica de italiano L2/LS para estudantes extranxeiros adultos na aula
Autoría
Ó.F.B.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Ó.F.B.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
18.02.2026 15:00
18.02.2026 15:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é centrarse na análise das metodoloxías máis empregadas para a ensinanza e aprendizaxe do italiano como lingua estranxeira (L2/LS), aplicadas a un grupo de estudantes adultos que son principiantes absolutos. O obxectivo é acadar o nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), polo que o principal obxectivo é que os estudantes acaden un nivel elemental que lles permita interactuar con falantes nativos en situacións e escenarios relacionados coa vida cotiá. O obxectivo deste traballo é dobre: primeiro, destacaranse as vantaxes e desvantaxes de cada método de ensino e, a continuación, propoñeranse modalidades e alternativas para melloralas como recursos didácticos, analizando as posibles interconexións entre elas. Proporcionaranse variables que se poden aplicar en diferentes dinámicas de aprendizaxe na aula, aproveitando ao máximo as diferentes metodoloxías. Este enfoque é eficaz para adquirir un bo nivel de expresión, tanto oral como escrita. Proporcionaranse variables que se poden aplicar en diferentes dinámicas de aprendizaxe na aula, aproveitando ao máximo as distintas metodoloxías. Este enfoque é eficaz para adquirir un bo nivel de expresión, tanto oral como escrita, e para aprender e empregar vocabulario fundamental, incluíndo expresións idiomáticas e modismos coloquiais. Tamén se destacará a importancia dunha xestión comunicativa adecuada de certos fenómenos lingüístico-pragmáticos e culturais, cuxa falta de comprensión podería dificultar a integración dos estudantes no novo contexto sociocultural e facerlles mais difíciles os retos cotiás que deben enfrontar.

MONTES LOPEZ, MARIA (Titoría)
MONTES LOPEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
MONTES LOPEZ, MARIA (Titor do alumno)
MONTES LOPEZ, MARIA (Titor do alumno)
Narrativas orais no concello da Veiga
Autoría
P.G.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
P.G.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
20.02.2026 12:30
20.02.2026 12:30
Resumo
As lendas e contos forman parte da nosa cultura dende sempre e son un pilar fundamental. Pero, nestes tempos, pode semellar que a súa transmisión oral se está vendo reducida. Neste traballo, partindo dun corpus de entrevistas realizadas a diferentes habitantes do concello da Veiga, intentarase dar conta dos mecanismos empregados para a transmisión oral destas historias, e como estes afectan ao grao de coñecemento das persoas ao respecto. Ademais, tamén se analizará o grao de relevancia que teñen estes contos na vida diaria, a finalidade que teñen estas narrativas e por que son tan relevantes. Partindo de cinco lendas xa recolleitas, emprenderemos unha viaxe por distintas aldeas do concello da Veiga, á procura de eventuais novos contos nunca recollidos e diversas historias que forman parte da cultura dun pobo e que van moito máis alá da, por exemplo, finalidade turística que poden chegar a ter as lendas máis coñecidas alén das súas fronteiras. Veremos tamén como a gran presenza da igrexa católica na nosa cultura inflúe, como non podía ser doutro xeito, nestas narrativas orais, aínda que estas non están exentas de elementos pagáns. Figuras como os mouros, as serpes, e o demo aparecen reiteradamente nestas narrativas cumprindo funcións que este traballo pretende elucidar.

FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Tribunal
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
GARCIA MARTINEZ, PABLO (Secretario/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Vogal)

Falsos amigos e outras interferencias lingüísticas entre o italiano e o español: análise
Autoría
R.M.O.F.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
R.M.O.F.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
18.02.2026 15:30
18.02.2026 15:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizar o fenómeno lingüístico dos falsos amigos, particularmente relevante na aprendizaxe de linguas que comparten un orixe común coa propia lingua nai. En particular, a investigación está orientada ao estudo das dificultades que este fenómeno comporta para os estudantes hispanofalantes na adquisición do italiano, xa que representa un desafío significativo na asimilación e na comprensión do vocabulario. A metodoloxía adoptada ábrese cun marco teórico che afronta non soamente os falsos amigos, senón tamén outras interferencias lingüísticas de natureza fonética, gramatical e pragmática, có fin de profundar nos principais obstáculos que a lingua italiana pode presentar. Posteriormente, desenvólvese unha análise contrastiva entre italiano e español ilustrada con exemplos de falsos amigos tomados de dicionarios e materiais especializados e organizados segundo categorías gramaticais e campos semánticos. A isto engádense outros casos de interferencias lingüísticas. Finalmente, o traballo ofrece unha serie de propostas didácticas compostas de exercicios e aplicacións prácticas, destinadas a facilitar nos estudantes a identificación e a corrección dos erros derivados dos falsos amigos. O estudo conclúese coas consideracións finais que xorden da observación dos datos, baseados nas diferenzas e semellanzas entre o italiano e o español, e con unha breve indicación de posibles liñas de investigación futuras para dar visibilidade a este problema.

De re metrica Eugenii Toletani: comentario métrico aos seus Carmina.
Autoría
P.T.B.
Grao en Filoloxía Clásica
P.T.B.
Grao en Filoloxía Clásica
Data da defensa
05.03.2026 12:30
05.03.2026 12:30
Resumo
O propósito deste Traballo de Fin de Grao é realizar un comentario métrico da obra Carmina de Uxío de Toledo, bispo desta mesma cidade dende o ano 647 d. C. ata a súa morte durante a época visigoda da Península Ibérica. Os Carmina constitúen unha obra de enorme interés e valor literario que, infortunadamente, nunca foi obxecto dun estudo desta clase e que, ademáis, conta con escasas edicións criticas (Vollmer, cun incompleto apéndice métrico e Alberto). Considérase, pois, que este traballo é unha interesante e orixinal aportación ao estudo da obra do bispo toledano. Tras unha introducción á vida e obra do autor no seu contexto histórico, literario e cultural procederase á presentación do corpus analizado: un total de cen poemas con cuxa escansión preténdese realizar un estudo métrico e estilístico, tratando de comentar os principais esquemas e fenómenos métricos que presentan as composicións, comparando, na medida do posible, os resultados obtidos co análisis cos datos que temos doutros autores contemporáneos a Uxío de Toledo.

VARELA RODRIGUEZ, JOEL (Titoría)
VARELA RODRIGUEZ, JOEL (Titoría)
Tribunal
Carracedo Fraga, José (Presidente/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Secretario/a)
DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA (Vogal)

Escribir para sobrevivirse: a construción da posteridade na obra de Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Gertrudis Gómez de Avellaneda
Autoría
S.T.L.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
S.T.L.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.02.2026 11:30
18.02.2026 11:30
Resumo
A escrita literaria preséntase a miúdo como unha estratexia para transcender ou superar os límites da vida. O concepto de posteridade literaria, na aplicación moderna de Bennett, enténdese como unha condición inherente á literatura e é fundamental para estudar as ideas dos autores do período sobre a concepción da obra e a súa significación e permanencia ao longo do tempo. Neste marco, o presente traballo ten como obxectivo analizar a autoconstrución da posteridade nas obras de tres autoras fundamentais do canon español do século XIX: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Gertrudis Gómez de Avellaneda. A pesar das diferenzas nas súas circunstancias vitais e traxectorias, estas escritoras empregan a literatura como unha ferramenta valiosa tanto para reclamar o seu lugar no canon masculinizado da súa época como para proxectar a súa obra máis alá do curso vital. A investigación comeza cunha introdución ao concepto de posteridade en relación coa subxectividade romántica, tendo en conta a singularidade da muller escritora. O núcleo do estudo consiste nunha análise detallada dun corpus composto por obras literarias, artigos, cartas persoais e paratextos como prólogos ou dedicatorias das autoras mencionados que son particularmente significativos para a cuestión. Así, a través da análise dos textos, este estudo pretende revelar as consideracións destas autoras sobre a fama póstuma e a forma en que a súa expresión textual prefigura os diferentes modos de recepción e supervivencia futuras das tres autoras.

GARCIA CANDEIRA, MARGARITA (Titoría)
GARCIA CANDEIRA, MARGARITA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MOSQUERA, SANTIAGO (Presidente/a)
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Secretario/a)
JUAN BOLUFER, Mª de los DESAMPARADOS (Vogal)

Patriarcado e Identidade Feminina: Un Estudo Feminista de The Bell Jar (1963) de Sylvia Plath.
Autoría
E.V.B.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
E.V.B.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2026 13:15
18.02.2026 13:15
Resumo
Este traballo analiza como o patriarcado inflúe na construción da identidade feminina na novela The Bell Jar (1963) de Sylvia Plath. A obra de Plath sitúase nos anos cincuenta, un período no que as mulleres estaban sometidas a normas sociais específicas nun contexto histórico fortemente marcado por valores patriarcais. Isto reflíctese na personaxe da protagonista, Esther Greenwood, unha xove que se ve envolta nun conflito interno entre satisfacer os seus desexos e aspiracións e seguir as normas e expectativas establecidas. Plath critica o sistema que restrinxe a liberdade das mulleres a través da representación das interaccións de Esther cos homes, establecendo un contraste cas demais personaxes femininas. Desde unha perspectiva feminista, a investigación centrarase en temas clave como os roles de xénero, as expectativas sociais e as estruturas patriarcais, así como na maneira na que estas poden moldear a identidade das mulleres e a forma na que elas se perciben a si mesmas. Este estudo tamén abordará como a representación da saúde mental feminina está condicionada polo discurso patriarcal. A ‘campá de cristal’ do título é un símbolo central na novela, xa que representa a soidade e a confusión que as mulleres poden sufrir por ir en contra do que a sociedade patriarcal establece como norma. Mediante o recurso á teoría e á crítica feministas, este Traballo de Fin de Grao tamén amosará como a novela de Plath vai máis alá da súa época o abordar a loita constante das mulleres pola identidade nun mundo patriarcal, facéndoa relevante para os debates contemporáneos sobre feminismo e igualdade de xénero.

SACIDO ROMERO, JORGE (Titoría)
SACIDO ROMERO, JORGE (Titoría)
Tribunal
BOUSO RIVAS, TAMARA (Presidente/a)
JARAZO ALVAREZ, RUBEN (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Vogal)
BOUSO RIVAS, TAMARA (Presidente/a)
JARAZO ALVAREZ, RUBEN (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Vogal)
Transmisión e mantemento da lingua galega: un estudo cualitativo en familias da Mariña Lucense e da Terra Chá
Autoría
P.V.D.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
P.V.D.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
19.02.2026 09:30
19.02.2026 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como principal obxectivo realizar unha achega cualitativa á transmisión interxeracional da lingua galega en familias de dúas áreas representativas da provincia de Lugo: a Mariña Lucense e a Terra Chá. Escolleuse esta zona polo interese que suscita a súa forte identidade lingüística e cultural, así como pola diversidade de realidades sociolingüísticas que presentan. Búscase ofrecer unha clasificación dos modelos de familia en base ós procesos de conserva ou mudanza de lingua ao longo de tres xeracións, tendo en conta parámetros de tipo social e cultural, así como o contexto histórico e económico que influíu na evolución lingüística destas comunidades. Para o estudo deste proceso, fíxose uso dos traballos da materia de Sociolingüística galega que conforman o arquivo ALFA (A lingua das familias) e que achegan información de interese sobre a transmisión do galego en distintos membros dun núcleo familiar. Por outra banda, tamén se consultaron datos de carácter cuantitativo recollidos polo IGE (Instituto Galego de Estatística) para afondar no ámbito do uso e coñecemento da lingua galega.

MONTEAGUDO ROMERO, XOSE HENRIQUE (Titoría)
MONTEAGUDO ROMERO, XOSE HENRIQUE (Titoría)
Tribunal
MARIÑO PAZ, RAMON (Presidente/a)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Secretario/a)