Graduación da primeira promoción do Dobre Grao en Química e en Bioloxía
O día 28 de xullo tivo lugar na Facultade de Química o Acto de Graduación da Primeira Promoción do Dobre Grao en Química en Bioloxía. O acto estivo presidido pola Vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional e contou coa presenza das seguintes autoridades. A Decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo Barrera, e a Decana da Facultade de Bioloxía, Teresa Taboada Rodríguez , así como o Decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia Manuel Rodríguez e D.ª Mercedes Casal Jiménez do Colexio Oficial de Biólogos. Participaron tamén como madriñas da promoción as profesoras Ana Gonzalez Noya e Eva Candal Suárez das Facultades de Química e Bioloxía respectivamente. En representación dos alumnos interveu Manuel Rodriguez, quen puxo de manifesto o grande esforzo realizado para poder alcanzar o obxectivo de obter os dous títulos neste tempos complicados que estamos a vivir. En todas as intervencións houbo palabras de agradecemento e de felicitación aos alumnos, así como de animo para encarar o futuro que sin ninguna duda será bo para estes excelentes estudantes. A vicerreitora salientou a importancia de poder dispor dunha Universidade pública de calidade como é a USC para poder ofertar titulacións mixtas como este Doble Grao que sen duda proporcionou aos alumnos unha formación académica clave para o seu futuro profesional.