Summer Undergraduate Fellowship Program
A Fundación Barrié convoca a 5ª edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa de bolsas de investigación internacional durante o verán, co obxectivo de que estudantes universitarios galegos poidan adquirir experiencia en institucións de referencia internacional e orientar a súa carreira profesional.
A convocatoria ten por obxecto a concesión de 10 bolsas a estudantes universitarios galegos na área de Ciencias da Vida para a realización de prácticas de laboratorio durante 9 semanas, entre o 23 de xuño e o 22 de agosto de 2025.
Os centros de destino nesta edición son:
University College London, División de Medicina (Reino Unido)
University College London, División de Infecciones e Inmunidad (Reino Unido)
Louisiana State University Health Sciences Center, Departamento de Microbiología e Inmunología (Estados Unidos)
Massachusetts General Hospital, Departamento de Neurología (Estados Unidos)
Michigan State University, Facultad de Veterinaria (Estados Unidos)
Os estudantes seleccionados recibirán, ademais do apoio económico necesario para cubrir os gastos de viaxe, seguro e manutención, unha preparación excelente no campo da investigación biomédica.
O prazo de presentación de solicitudes remata ás 13.00 horas do 29 de novembro de 2024.
Máis información: https://fundacionbarrie.org/becas-verano