Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.relaboralesrhumanos [at] usc.es

O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Relacións Laborais e Recursos Humanos, impartido conxuntamente coas Universidades da Coruña, Oviedo e Zaragoza é pioneiro nas universidades españolas. O obxectivo xeral do programa é proporcionar excelencia na formación en todos os ámbitos relacionados coas relacións laborais e os recursos humanos en organizacións públicas e privadas. O programa de doutoramento permitirá o desenvolvemento de teses doutorais de alta calidade, que representen un avance e unha contribución ao coñecemento científico e que impulsen, ao propio tempo, a transferencia de coñecemento á sociedade e a incorporación da investigación técnica do máis alto nivel en organizacións públicas e privadas

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5601495
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
Silvia Moscoso Ruibal
silvia.moscoso [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Oviedo Universidade de Zaragoza Universidade da Coruña

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
11/08/2022

Data de publicación no BOE:
01/01/1900

Data da última acreditación:
27/06/2022

Códigos ISCED:
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(380) Derecho
(0319) Ciencias sociales y del comportamiento (otros estudios)
(0421) Derecho

O campo de estudo, investigación e práctica profesional das Relacións Laborais e Recursos Humanos é un dominio de saber propio, recoñecido por lei e pola comunidade científica nacional e internacional das ciencias sociais e xurídicas, cuxa esencia é o seu carácter interdisciplinar, ao converxer no mesmo achegas de múltiples disciplinas como o Dereito nas súas diversas ramas de dereito público e da empresa (p.ex., Traballo, Administrativo, Internacional, Financeiro, Mercantil), a Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, a Socioloxía Organizacional, a Economía de Empresa, a Saúde Ocupacional, Prevención de Riscos e a Ergonomía, a Historia da Relacións Laborais e das Organizacións Sindicais, a Estatística, a Economía do Emprego, a Ciencia Política e da Administración, a Metodoloxía de Investigación Social e Organizacional e, en xeral, todas as ciencias que manteñen relación co mundo do traballo, o emprego e o desemprego.
O Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos proporcionará formación doutoral aos estudantes interesados en desenvolver investigación e unha carreira académica e/ou profesional no ámbito das relacións laborais e a xestión do persoal, tanto en organizacións do sector privado como organizacións públicas, organizacións non gubernamentais (Ong) e outras organizacións non lucrativas (p. ex., fundacións). Os estudantes poderán facer investigación en organizacións locais, autonómicas, nacionais e internacionais. Máis en concreto, a capacitación proporcionada polo programa de doutoramento permitirá aos doutorandos e doutores en Relacións Laborais e Recursos Humanos a realización de investigación científica en ámbitos tradicionais das relacións laborais e os recursos humanos.

O programa de doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretende ofrecer unha formación avanzada nas seguintes liñas específicas de investigación:

1. Historia, estrutura e procesos das relacións laborais e recursos humanos en organizacións privadas e administracións públicas. Abarcaría temáticas como: Variables e procesos na adquisición, avaliación, desenvolvemento e retención do talento; Factores individuais e organizacionais do benestar psicolóxico no traballo; Sustentabilidade organizacional e organizacións “verdes”; Compensación, retribución e incentivos nas relacións laborais; Innovación no posto; Igualdade e non discriminación nas relacións laborais e os recursos humanos; Cultura e compromiso organizacional; Auditoría Sociolaboral e de Recursos Humanos; Dirección de Recursos Humanos nas Administracións Públicas e privadas; Historia das relacións laborais, as organizacións sindicais en os dereitos dos traballadores.
2. Aspectos xurídicos da dirección das organizacións e administracións públicas, as relacións laborais e os recursos humanos. Centrada en temas como: Os dereitos humanos e as normas internacionais do traballo; Aspectos xurídicos da economía dixital, administración dixital e as relacións laborais; Dereito, desenvolvemento sostible e relacións laborais; O contrato de traballo e as relacións laborais; Análise da xurisprudencia laboral e da seguridade social; O réxime xurídico do emprego público; Intervención administrativa nas relacións laborais e os recursos humanos; Aspectos xurídicos das xestión tributaria e orzamentaria nas relacións laborais; Aspectos xurídicos-mercantís das relacións laborais e os recursos humanos; Aspectos xurídicos en materia de igualdade nas relacións laborais e os recursos humanos en organizacións privadas e administracións públicas; Descentralización produtiva; Empresas multiservicios e relacións laborais.
3. Psicoloxía, Socioloxía, Economía e Política de relacións laborais e recursos humanos e a prevención de riscos. Abarcaría, entre outras, as seguintes temáticas: Socioloxía do traballo, as relacións laborais e os recursos humanos; Desigualdade social e mercado de traballo; Análise de políticas activas de emprego; Psicoloxía ambiental aplicada ao benestar e produtividade dos recursos humanos nas organizacións; Xestión de persoas en administracións públicas e privadas; Dixitalización dos recursos humanos; Planificación da carreira laboral e a xubilación; Factores psicolóxicos, sociolóxicos, legais e políticos do emprego, o autoemprego e emprendimento; Diálogo social e organizacións inclusivas; Xestión de riscos Laborais; Riscos psicosociais; psicoloxía económica e economía conductual das relacións laborais e os recursos humanos; A globalización e as relacións laborais e de emprego; A gobernanza corporativa e as relacións de emprego; A igualdade e a diversidade no traballo; Sistemas de traballo de alto rendemento.
 
a) De forma xeral os Graduados/ Licenciados/ Diplomados en Relacións Laborais, Ciencias do Traballo e en Relacións Laborais e Recursos Humanos que cursasen un Máster que permita o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación. Os másteres de acceso serán aqueles que estean relacionados coas diferentes disciplinas que forman parte do contido da titulación de Relacións Laborais e Recursos Humanos, especialmente Dereito, Psicoloxía do Traballo, Socioloxía e ADE. A admisión estará suxeita á aprobación da comisión académica de doutoramento unha vez analizado o contido do máster en cuestión.
b) Graduados/ Licenciados/ Diplomados en titulacións da/s rama/s de coñecemento de Ciencias Sociais e/ou aqueles que cursasen un máster relacionado con algunha das disciplinas incluidas dentro do ámbito das Relacións Laborais e Recursos Humanos e que outorguen ao alumno competencias similares a xuízo da Comisión Académica do Máster.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
a) Cualificación Media de Expediente académico:
a. Media de Grao: 20%
b. Media de Máster: 15%
b) CV (titulación de procedencia, actividades de formación, publicacións, etc.): 20%
c) Experiencia profesional: 5%
d) Experiencia investigadora: 5%
e) Nivel de Inglés B1 ou equivalente (10%)
f) Entrevista persoal con membros da comisión do programa de doutoramento: (25%). Independentemente dos criterios anteriores, na entrevista valorarase fundamentalmente a motivación, ases expectativas do solicitante, a súa capacidade para traballar en equipo, a súa capacidade de organización e a súa orientación e compromiso coa investigación.

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Redacción de documentos científicos

  • E3141A01

Procura en base de datos e rexistros de información científica

  • E3141A02

Presentacións públicas de resultados de investigación

  • E3141A03

Seminarios de investigación

  • E3141A04

Asistencia a congresos, xornadas e conferencias

  • E3141A05

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Profesores Área
Silvia Moscoso Ruibal
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Jesus Fernando Salgado Velo
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Mario Antonio Lado Campelo
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Pamela Alonso Abeijon
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Damaris Cuadrado Gonzalez
Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Inmaculada Otero Moral
Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Profesores Área
Francisco Hernandez Rodriguez
Dereito Mercantil
Maria Consuelo Ferreiro Regueiro
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Lourdes Mella Mendez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Marcos Almeida Cerreda
Dereito Administrativo
Luis Miguez Macho
Dereito Administrativo
Alicia Villalba Sanchez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Diana Santiago Iglesias
Dereito Administrativo
Silvia Fernandez Martinez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Alejandro Villanueva Turnes
Dereito Administrativo
Lara Maria Munin Sanchez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Profesores Área
Manuel Maria De Artaza Montero
Ciencia Política e da Administración
Maria Jesus Souto Blanco
Historia Contemporánea
Miguel Angel Cainzos Lopez
Socioloxía
Ramon Angel Bouzas Lorenzo
Ciencia Política e da Administración
Carlos Lubian Graña
Socioloxía

O campo de estudo, investigación e práctica profesional das Relacións Laborais e Recursos Humanos é un dominio de saber propio, recoñecido por lei e pola comunidade científica nacional e internacional das ciencias sociais e xurídicas, cuxa esencia é o seu carácter interdisciplinar, ao converxer no mesmo achegas de múltiples disciplinas como o Dereito nas súas diversas ramas de dereito público e da empresa (p.ex., Traballo, Administrativo, Internacional, Financeiro, Mercantil), a Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, a Socioloxía Organizacional, a Economía de Empresa, a Saúde Ocupacional, Prevención de Riscos e a Ergonomía, a Historia da Relacións Laborais e das Organizacións Sindicais, a Estatística, a Economía do Emprego, a Ciencia Política e da Administración, a Metodoloxía de Investigación Social e Organizacional e, en xeral, todas as ciencias que manteñen relación co mundo do traballo, o emprego e o desemprego.

O Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos proporcionará formación doutoral aos estudantes interesados en desenvolver investigación e unha carreira académica e/ou profesional no ámbito das relacións laborais e a xestión do persoal, tanto en organizacións do sector privado como organizacións públicas, organizacións non gubernamentais (Ong) e outras organizacións non lucrativas (p. ex., fundacións). Os estudantes poderán facer investigación en organizacións locais, autonómicas, nacionais e internacionais. Máis en concreto, a capacitación proporcionada polo programa de doutoramento permitirá aos doutorandos e doutores en Relacións Laborais e Recursos Humanos a realización de investigación científica en ámbitos tradicionais das relacións laborais e os recursos humanos.

O campo de estudo, investigación e práctica profesional das Relacións Laborais e Recursos Humanos é un dominio de saber propio, recoñecido por lei e pola comunidade científica nacional e internacional das ciencias sociais e xurídicas, cuxa esencia é o seu carácter interdisciplinar, ao converxer no mesmo achegas de múltiples disciplinas como o Dereito nas súas diversas ramas de dereito público e da empresa (p.ex., Traballo, Administrativo, Internacional, Financeiro, Mercantil), a Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, a Socioloxía Organizacional, a Economía de Empresa, a Saúde Ocupacional, Prevención de Riscos e a Ergonomía, a Historia da Relacións Laborais e das Organizacións Sindicais, a Estatística, a Economía do Emprego, a Ciencia Política e da Administración, a Metodoloxía de Investigación Social e Organizacional e, en xeral, todas as ciencias que manteñen relación co mundo do traballo, o emprego e o desemprego.
O Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos proporcionará formación doutoral aos estudantes interesados en desenvolver investigación e unha carreira académica e/ou profesional no ámbito das relacións laborais e a xestión do persoal, tanto en organizacións do sector privado como organizacións públicas, organizacións non gubernamentais (Ong) e outras organizacións non lucrativas (p. ex., fundacións). Os estudantes poderán facer investigación en organizacións locais, autonómicas, nacionais e internacionais. Máis en concreto, a capacitación proporcionada polo programa de doutoramento permitirá aos doutorandos e doutores en Relacións Laborais e Recursos Humanos a realización de investigación científica en ámbitos tradicionais das relacións laborais e os recursos humanos.

1. Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
2. Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
3. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
4. Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
5. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
6. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

1. Capacidade para facer investigacións científicas no ámbito das Relacións Laborais e os Recursos Humanos.

2. Capacidade para resolver problemas científicos nos ámbitos das Relacións Laborais e os Recursos Humanos.

3.Coñecemento e aplicación das diferentes metodoloxías, ferramentas e manexo das técnicas de análise empírica da investigación no ámbito das Relacións Laborais e os Recursos Humanos.

4. Capacidade para facer investigacións e dar respostas a problemas desde o punto de vista multidisciplinar dentro do ámbito das RRLL e os RRHH.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Silvia Moscoso Ruibal

Secretario/a
Mario Antonio Lado Campelo

Vogais
Ramon Angel Bouzas Lorenzo
Maria Consuelo Ferreiro Regueiro
Diana Santiago Iglesias
Maria Jesus Souto Blanco
Jesus Fernando Salgado Velo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2023.