Ir o contido principal
STG

Instituto de Psicoloxía (IPsiUS)

O IPsiUS créase en 2024 como unha estrutura de coordinación e colaboración na investigación, básica e aplicada, en Psicoloxía para que os grupos e persoas que o integren poidan acadar un maior impacto e desenvolvemento do seu potencial de transferencia e proxección internacional. A súa estratexia científica afronta tres retos: Promover saúde e benestar; desenvolver sociedades inclusivas e diversas; e contribuír á sociedade dixital e á sostibilidade. Abrangue campos desde fomento do envellecemento saudable até o desenvolvemento de ferramentas dixitais para a intervención psicolóxica, pasando pola atención á vulnerabilidade psicosocial e a resiliencia, entre outras, que están firmemente orientadas ao benestar das persoas e as comunidades.

Contacto

Directora científica

Isabel Fraga Carou

Enderezo
Facultade de Psicoloxía
Teléfonos
881813787
Email
ipsius.direccion@usc.gal

Secretaria

Socorro (Coqui) R. Holguín

Enderezo
Facultade de Psicoloxía
Teléfonos
881813911
Email
ipsius.direccion@usc.gal

Novas

Mesa de inauguración do Congreso de Enfermidades neurodexenerativas

Inaguración do Congreso de Enfermidadse neurodexenerativas

A directora do Instituto de Psicoloxía da USC, Isabel Fraga Carou, inagurou o 20 de novembro o III Congreso Nacional de Enfermedades Neurodegenerativas, xunto con David Facal Mayo, coordinador do Máster de Psicoxerontoloxía, e que actuaba por delegación da Decana de Psicoloxía. No acto tamén participaron Angel Moreno, director de Neurama, e Cesar Bugallo, presidente de FAGAL, entidades organizadoras do congreso.

Ler máis
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2024.