Ir o contido principal
STG

Artigo

Resultados

O alumnado do Grao en Óptica e Optometría da USC participa nun novo screening visual pediátrico a través dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo

O alumnado de terceiro curso do Grao en Óptica e Optometría da USC participou por noveno ano consecutivo nun screening visual pediátrico, realizado no marco dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo en colaboración coas entidades Arela e CaixaProinfancia. A iniciativa permitiu avaliar a saúde visual de 63 menores en situación de vulnerabilidade social, reforzando a formación práctica do estudantado e o compromiso social da universidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.